Lei 31/2003, do 27 de outubro, de conservación da fauna silvestre nos parques zoolóxicos.

Diario Oficial de Galicia, 28-10-2003, Núm. 258, Páx. 38298
LEI 31/2003, do 27 de outubro, de conservación da fauna silvestre nos parques zoolóxicos.   JUAN CARLOS I   REI DE ESPAÑA   Saiban a tódolos que a viren e entenderen que as Cortes Xerais aprobaron e eu sanciono a seguinte lei.   EXPOSICIÓN DE MOTIVOS   O Consello da Unión Europea, con data do 29 de marzo de 1999, adoptou a Directiva 1999/22/CE, relativa ó mantemento de animais salvaxes en parques zoolóxicos, co fin de establecer unha base común ós Estados membros que propicie a correcta aplicación da lexislación comunitaria en materia de conservación da fauna silvestre, e que, por outra banda, asegure o desempeño polos parques zoolóxicos do seu importante papel na educación pública, a investigación científica e a conservación das especies. Con esta finalidade, a directiva esixe o establecemento dun réxime de autorización e de inspección dos parques zoolóxicos, que garanta o cumprimento de condicións básicas de sanidade, benestar e seguridade, para mante-la boa saúde física e psíquica dos animais salvaxes que habitan nos devanditos parques.   As prescricións da citada directiva son coherentes coas obrigas impostas no Regulamento (CE) n.º 338/97 do Consello, do 9 de decembro de 1996, relativo á protección de especies da fauna e flora silvestres mediante o control do seu comercio, que lles obriga ós Estados membros a dispoñer de instalacións axeitadas para o albergue e coidado para os casos de importación de espécimes vivos de gran número de especies, e se prohíbe a exposición pública con fins comerciais de espécimes das especies do seu anexo A, agás no caso de concreta excepción xustificada por fins educativos, de investigación ou cría.   Así mesmo, son coherentes co disposto na Directiva 79/409/CEE do Consello, do 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres, e na Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, que prohíben a captura, mantemento e comercio de gran número de especies, pero permiten determinadas excepcións, precisamente, para a investigación, a educación  a cría, repoboación e reintroducción de especies.   Por outro banda, o Convenio para a Conservación da Diversidade Biolóxica, feito en Río de Janeiro o 5 de xuño de 1992, é o primeiro instrumento xurídico internacional que recolle os termos "conservación "in situ" e "ex situ"" como mecanismos de protección dos recursos biolóxicos e xenéticos. Para este respecto, o devandito convenio define as medidas "in situ" como "a conservación dos ecosistemas e os hábitats naturais e o mantemento e a recuperación de poboacións viables de especies nos seus contornos naturais", ó tempo que determina a importante función complementaria das medidas "ex situ", orientadas a establecer instalacións para a conservación e a investigación de plantas, animais e microorganismos, a adoptar medidas para a recuperación, rehabilitación e reintroducción de especies ameazadas nos seus hábitats naturais, a xestiona-la recolección de recursos biolóxicos dos hábitats naturais e a cooperar, financeira, científica e tecnicamente á conservación "ex situ". Accións, todas elas, nas que os zoolóxicos poden e deben ser suxeitos activos de gran valor.   En definitiva, os parques zoolóxicos deben ser unha fonte de coñecementos científicos que estea a disposición de universidades, de institucións dedicadas á investigación e de organizacións comprometidas coa conservación da naturaleza, co fin de que estas entidades poidan contribuír non só á conservación "ex situ" das especies silvestres, senón tamén á súa conservación "in situ" a medida que os seus hábitats se van reducindo e a súa distribución xeográfica se vai facendo máis fragmentada.   En España existe un baleiro xurídico sobre a protección da fauna silvestre en catividade, pois a Lei 4/1989, do 27 de marzo, de Conservación dos Espacios Naturais e da Flora e Fauna Silvestres, aínda que contempla as medidas de conservación fóra do hábitat natural de cada especie (conservación "ex situ"), faino timidamente, como criterio de actuación das administracións públicas en favor da preservación da diversidade xenética. Ademais, a lexislación española sobre agrupacións zoolóxicas en xeral só establece requisitos de tipo hixiénico-sanitario, fundamentalmente, e tamén algunhas normas sobre autorización e rexistro de núcleos zoolóxicos, establecementos para a equitación, centros para o fomento e coidado de animais de compañía e similares.   Así mesmo, os parques zoolóxicos deben ter como función o fomento da educación e da toma de conciencia polo público no que respecta á conservación da biodiversidade.   Por todo iso, a obrigatoria incorporación da normativa ambiental europea e o compromiso internacional adquirido na sinatura de convenios sobre protección ambiental e conservación da natureza, unidos ó referido baleiro xurídico, fan necesaria esta lei que, co carácter de lexislación básica en materia de medio ambiente, pretende asegura-la protección da fauna silvestre existente nos parques zoolóxicos e a contribución destes á conservación da biodiversidade, e que establece para iso un novo réxime de autorización e inspección dos devanditos parques, así como os requisitos para obte-la citada autorización, ó tempo que tipifica as infraccións e sancións administrativas por incumprimento das súas prescricións.   CAPÍTULO I - Disposicións xerais   Artigo 1. Obxecto.   Esta lei ten por obxecto asegura-la protección da fauna silvestre existente nos parques zoolóxicos e a contribución destes á conservación da biodiversidade.   Artigo 2. Ámbito de aplicación.   1. Esta lei é de aplicación ós parques zoolóxicos, entendidos como establecementos, públicos ou privados, que, con independencia dos días en que estean abertos ó público, teñan carácter permanente e manteñan animais vivos de especies silvestres para a súa exposición.   2. As prescricións desta lei non son de aplicación ós circos nin ós establecementos dedicados á compra ou venda de animais.   CAPÍTULO II - Medidas de conservación   Artigo 3. Medidas de benestar animal, profilácticas e ambientais.   Os parques zoolóxicos quedan obrigados ó cumprimento das medidas de benestar dos animais en catividade, profilácticas e ambientais indicadas a seguir e, de ser  caso, ás establecidas polas comunidades autónomas:   a) Aloxar os animais en condicións que permitan a satisfacción das súas necesidades biolóxicas e de conservación.   b) Proporcionar a cada unha das especies un enriquecemento ambiental das súas instalacións e recintos, co obxecto de diversificar as pautas de comportamento que utilizan os animais para interaccionar co seu contorno, mellorar o seu benestar e, con iso, a súa capacidade de supervivencia e reproducción.   c) Previr a transmisión de pragas e parasitos de procedencia exterior aos animales do parque zoolóxico, e destes ás especies existentes fóra do parque.   d) Evitar a fuxida dos animais do parque zoolóxico, en particular daquelas especies potencialmente invasoras, co fin de previr posibles ameazas ambientais e alteracións xenéticas ás especies, subespecies e poboacións autóctonas, así como aos hábitats e aos ecosistemas.   Artigo 4. Programas.   Os parques zoolóxicos quedan obrigados á elaboración, desenvolvemento e cumprimento dos programas indicados a continuación e, de ser o caso, aos establecidos polas comunidades autónomas.   a) Programa de conservación "ex situ" de especies de fauna silvestre que, ao realizárense fóra do seu hábitat natural, debe estar orientado a contribuír á conservación da biodiversidade, polo que deberá constar dunha ou varias das seguintes actividades:   1.ª Participación nun programa de investigación científica que redunde na conservación de especies animais.   2.ª Formación en técnicas de conservación de especies animais.   3.ª Intercambio de información para a conservación de especies animais entre zoolóxicos e organismos públicos ou privados implicados na conservación das especies.   4.ª Participación, cando proceda, nun programa de cría en catividade con fins de repoboación ou reintroducción de especies animais no medio silvestre ou de conservación das especies.   b) Programa de educación dirixido á concienciación do público no que respecta á conservación da biodiversidade, e comprensivo das seguintes actividades:   1.ª Información sobre as especies expostas e os seus hábitats naturais, en particular do seu grao de ameaza.   2.ª Formación do público sobre a conservación da fauna silvestre e, en xeral, da biodiversidade.   3.ª Colaboración, de ser o caso, con outras entidades públicas e privadas para realizar actividades concretas de educación e sensibilización en materia de conservación da fauna silvestre.   c) Programa avanzado de atención veterinaria, que abranga:   1.ª O desenvolvemento de medidas destinadas a evitar ou reducir a exposición dos animais do parque zoolóxico aos axentes patóxenos e parasitos, a fortalecer a súa resistencia inmunolóxica e a impedir os traumatismos e intoxicacións.   2.ª A asistencia clínica dos animais do parque zoolóxico que estean enfermos, por medio de tratamentos veterinarios ou cirúrxicos adecuados, así como a revisión veterinaria periódica dos animais sans.   3.ª Un plan de nutrición axeitada dos animais.   Artigo 5. Persoal especializado e medios materiais.   Os parques zoológicos deben dispor do persoal necesario especializado e dos medios materiais axeitados para a execución das medidas de benestar, profilácticas, ambientais e de seguridade indicadas no artigo 3, así como para o desenvolvemento e cumprimento dos programas sinalados no artigo 4 desta lei.   Tanto o persoal coma os medios deberán ser acordes coas necesidades derivadas das coleccións de animais de cada parque zoolóxico. A formación continua do persoal a cargo dos animais estará baseada na avaliación do coñecemento dos animais silvestres, da súa conservación e especialmente do seu benestar.   Artigo 6. Rexistro de especies e exemplares.   1. Os parques zoolóxicos disporán dun rexistro actualizado das súas coleccións de animais, adecuado ás especies e subespecies ás que estes pertenzan.   No devandito rexistro deberán figurar, polo menos, os datos relativos ás entradas e saídas de animais, mortes e causa do falecemento, nacementos, orixe e destino, e os necesarios para a súa identificación e localización.   2. Os sistemas de identificación utilizados serán os previstos de ser o caso na normativa específica de aplicación para cada especie. No caso de que, polas características físicas ou de comportamento da especie, non fora posible a súa identificación individualizada, procederase á identificación por lotes.   3. A información do devandito rexistro deberá facilitárselle, en todo momento, ó órgano competente da comunidade autónoma.   CAPÍTULO III - Autorización e inspección   Artigo 7. Autorización.   1. A apertura ó público, a modificación substancial e a ampliación dos parques zoolóxicos están suxeitas á autorización do órgano competente da comunidade autónoma onde cada un deles se sitúe. Esta autorización é independente de calqueroutra que sexa esixible aos parques zoolóxicos en virtude doutras disposicións legais que sexan de aplicación.   2. O órgano competente concederá a autorización trala comprobación de que o parque zoolóxico para o que foi solicitada, cumpre os requisitos establecidos nos artigos 3, 5 e 6, ademais de cumprir cos programas previstos no artigo 4.   3. A autorización fixará as condicións específicas aplicables ao parque zoolóxico, para asegurar o cumprimento do establecido nesta lei e na normativa autonómica correspondente.   4. Entenderase denegada a autorización se, transcorridos seis meses desde a recepción da solicitude no órgano correspondente non se notificara a resolución.   Artigo 8. Inspección.   1. Mediante as correspondentes inspeccións, o órgano competente da comunidade autónoma comprobará o cumprimento polos parques zoolóxicos das medidas de conservación comprendidas no capítulo II desta lei e na normativa autonómica de aplicación, así como das condicións específicas fixadas nas respectivas autorizacións.   O órgano competente da comunidade autónoma realizará, cando menos, unha inspección anual de cada parque zoolóxico, sen prexuízo das inspeccións que poida realizar en calquera momento, de oficio ou por denuncia.   2. Os titulares e empregados dos parques zoolóxicos están obrigados a permitirlles aos inspectores acreditados o acceso ás dependencias e a proporcionarlles a información e axuda que sexan precisas para a inspección.   CAPÍTULO IV - Rexistros de parques zoolóxicos   Artigo 9. Rexistro dos parques zoolóxicos.   1. As comunidades autónomas deberán manter un rexistro dos parques zoolóxicos autorizados no seu territorio respectivo, con información actualizada sobre as coleccións de animais que manteñan nas súas instalacións.   2. Para os efectos estatísticos, as comunidades autónomas deberán manter informado o Ministerio de Medio Ambiente dos datos dos seus rexistros, en especial facilitando os relativos ás coleccións de animais mantidas nos parques.   Artigo 10. Inventario nacional de parques zoolóxicos.   Créase o Inventario Nacional de Parques Zoolóxicos, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, que terá carácter informativo, e no que se incluirán os datos facilitados polos órganos competentes das comunidades autónomas esixidos no parágrafo 2 do artigo 9 desta lei.   CAPÍTULO V - I nfraccións e sancións   Artigo 11. Responsabilidade.   1. O incumprimento do establecido nesta lei será sancionado ó abeiro do disposto neste capítulo e no título IX da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.   2. A responsabilidade será solidaria cando sexan varios os responsables e non sexa posible determinar o grao de participación de cada un deles na comisión da infracción.   3. En todo caso, o titular do parque zoológico será responsable subsidiario das infraccións cometidas polo persoal que preste servicio no propio parque zoolóxico.   4. A responsabilidade administrativa polas infraccións ás que se refire esta lei non exonerará de calqueroutra responsabilidade civil, penal ou doutra orde que de ser o caso puidera esixirse.   Artigo 12. Peche cautelar.   O órgano competente da comunidade autónoma e tamén o instructor, no caso de que se iniciara o procedemento sancionador, poderán ordenar, mediante acordo motivado e con carácter provisional, o peche total ou parcial do parque zoolóxico para garantir a conservación dos animais existentes neles, cando a súa apertura, modificación substancial ou ampliación se realizara sen a autorización esixida no artigo 7 desta lei.   O peche ordenado con anterioridade á iniciación do procedemento sancionador deberá ser confirmado, modificado ou levantado no acordo de iniciación do procedemento, que deberá efectuarse dentro dos 15 días seguintes ao peche.   Artigo 13. Infraccións.   1. Sen prexuízo das infraccións que, de ser o caso, poidan definir as comunidades autónomas, as infraccións que se tipifican neste artigo clasifícanse en leves, graves e moi graves.   2. Para os efectos desta lei considéranse infraccións leves:   a) O deficiente funcionamento do rexistro de coleccións de especies e exemplares.   b) A insuficiencia dos medios personais e materiais esixidos nesta lei.   3. Para os efectos desta lei considéranse infraccións graves:   a) O incumprimento das condicións específicas establecidas na autorización de apertura ao público.   b) A carencia do persoal especializado ou os medios materiais esixidos nesta lei.   c) O incumprimento das medidas profilácticas, de benestar, ambientais e de seguridade pública establecidas nesta lei.   d) A liberación non autorizada, neglixente ou intencionada, dos animais do parque zoolóxico.   e) A falsificación, a ocultación ou omisión de datos e documentos presentados perante a administración correspondente.   f) O incumprimento das actividades establecidas para a elaboración, desenvolvemento e cumprimento dos programas de conservación, educación e atención veterinaria contemplados no artigo 4 desta lei.   g) O incumprimento do deber de colaboración coa autoridade inspectora.   4. Para os efectos desta lei considéranse infraccións moi graves:   a) A apertura ao público, a modificación substancial ou a ampliación do parque zoolóxico sen a autorización do correspondente órgano competente.   b) A liberación non autorizada, negligente ou intencionada, de animais do parque zoolóxico pertencentes a especies potencialmente invasoras   c) Dar morte de maneira intencionada aos animais do parque zoolóxico ou a eliminación dos seus restos intencionadamente sen causa xustificada.   d) O maltrato, abandono ou deterioro intencionados ou por neglixencia dos animais do parque zoolóxico.   Artigo 14. Sancións   Trala instrucción do correspondente procedemento sancionador, o órgano competente da comunidade autónoma imporalles aos responsables as seguintes multas:   a) De 300 a 600 euros, as infraccións leves.   b) De 601 a 60.100 euros, as infraccións graves.   c) De 60.101 a 300.500 euros, as infraccións moi graves.   Artigo 15. Outras sancións   1. O órgano competente da comunidade autónoma imporá o peche temporal ou definitivo, total ou parcial, do parque zoolóxico cando os feitos sexan constitutivos da infracción tipificada no artigo 13.4.ª).   2. O órgano competente da comunidade autónoma poderá impoñer as seguintes sancións accesorias:   a) A adopción das medidas de corrección, seguridade ou control precisas en cada caso que paralicen os feitos constitutivos da infracción e que eviten a continuidade na producción do dano, con indicación do prazo correspondente.   b) O peche temporal ou definitivo, total ou parcial, do parque zoolóxico cando os feitos sexan constitutivos d algunhas das infraccións tipificadas na alínea 3 e nos parágrafos b), c) e d) da alínea 4, todos eles do artigo 13.   Artigo 16. Medidas por peche.   1. Cando fora ordenado o peche temporal ou definitivo, total ou parcial, dun parque zoolóxico, o órgano competente da correspondente comunidade autónoma acordará as medidas de tratamento, conservación e traslado dos animais afectados e o prazo para executalas.   2. En caso de incumprimento do dispuesto na alínea anterior no prazo fixado, o órgano competente citado procederá á execución subsidiaria desas medidas, repercutindo o seu custo no obrigado.   Disposición adicional primeira. Medidas de seguridade pública.   1. Sen prexuízo de calqueroutra normativa aplicable, os parques zoolóxicos deberán establecer medidas específicas de seguridade nas instalacións e en cada un dos recintos dos animais, atendendo ás características de cada especie, para previr calquera risco para a saúde ou integridade física do público visitante e do persoal do parque, así como para evitar a fuxida dos animais ao exterior.   2. No caso de animais especialmente perigosos, deberá contarse cun sistema de control permanente, a cargo do persoal especializado do parque zoolóxico.   En todo caso, deberase informar o público da devadita circunstancia por medio de indicadores visibles.   Disposición adicional segunda. Medidas de conservación de animais non silvestres.   As medidas de conservación establecidas no artigo 3 desta lei, de aplicación aos animais da fauna silvestre que habite en parques zoolóxicos, seranlles así mesmo aplicadas aos animais non silvestres que poidan habitar nos devanditos parques en réxime de catividade.   Disposición adicional terceira. Centros de Rescate   O goberno achegaralle ao Consello de Ministros no prazo máis breve posible desde a aprobación desta lei, unha proposta de normativa sobre o destino de espécmes e centros de rescate no marco do Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) e do Regulamento (CE) n.º 338/97 relativo á protección de especies da fauna e flora silvestres mediante o control do seu comercio.   Disposición transitoria única. Adaptación de parques zoolóxicos existentes.   Os parques zoolóxicos que estean abertos ao público na data de entrada en vigor desta lei deberán axustarse ao establecido nela e solicitar a correspondente autorización no prazo dun ano.   Poderá entenderse concedida a autorización se, no prazo de seis meses desde a recepción da solicitude no órgano competente non se notificara a resolución.   Os parques zoolóxicos que non soliciten a autorización correspondente no prazo sinalado deberán pechar as súas instalacións ao público e seranlles de aplicación as medidas establecidas no artigo 16 desta lei.   Disposición final primeira. Título competencial.   Esta lei ten o carácter de normativa básica de acordo co artigo 149.1.23.ª da Constitución.   Disposición final segunda. Aplicación doutras normas.   O cumprimento polos parques zoolóxicos dos requisitos sinalados nesta lei non exceptúa a observancia das prescricións establecidas na lexislación de sanidade animal, de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, e de calqueroutra que sexa de aplicación.   Disposición final terceira. Modificación dos requisitos.   O goberno poderá modificar as medidas e programas establecidos nos artigos 3 e 4, sempre que a modificación veña esixida pola normativa da Unión Europea e se axuste a ela.   Disposición final cuarta. Actualización das multas.   Facúltase o goberno para actualizar, mediante real decreto, o importe das multas previstas no artigo 14 desta lei, de acordo coa variación anual dos índices de prezos de consumo.   Disposición final quinta. Facultade de desenvolvemento.   O goberno, no ámbito das súas competencias, dictará as normas de desenvolvemento que require esta lei.   Disposición final sexta. Entrada en vigor.   A presente lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa , publicación no "Boletín Oficial del Estado".   Polo tanto, mando a todos os españois, particulares e autoridades, que garden e fagan gardar esta lei.   Madrid, 27 de outubro de 2003.   JUAN CARLOS R.   O Presidente do Goberno, JOSÉ MARÍA AZNAR LÓPEZ
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
L 31-2003.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles