LEI 1/1993, DO 13 DE ABRIL, DE PROTECCIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE.

Diario Oficial de Galicia, 22-04-1993, Núm. 75
Modificación da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade. O artigo 3 queda redactado da seguinte forma: «Artigo 3. Dos establecementos. 1. Os núcleos zoolóxicos, os establecementos de recollida de animais abandonados, os centros de importación de animais, as escolas de adestramento de animais domésticos e salvaxes en catividade e as canceiras deportivas, sen prexuízo do exixido nas demais disposicións que lles sexan aplicables, de acordo coa natureza do animal, deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Estar autorizados pola consellaría competente en materia de benestar animal para o control da súa actividade. b) Levar os libros de rexistro nos casos, nas condicións e co contido que regulamentariamente se establezan. c) Dispoñer de boas condicións hixiénico-sanitarias e de locais axeitados ás condicións fisiolóxicas dos animais que alberguen. d) Adoptar as medidas necesarias para evitar os contaxios entre os animais que alberguen. e) Dispoñer de servizos veterinarios suficientes e adecuados a cada establecemento. f) Se é o caso, entregar os animais coas debidas garantías sanitarias, libres de toda enfermidade, acreditándoo coa documentación que regulamentariamente se estableza. 2. Para os establecementos veterinarios, centros de acicalamento e coidado e as residencias caninas e felinas substituirase a autorización prevista na alínea a) do punto anterior pola realización dunha comunicación previa ao inicio da súa actividade na que se manifeste o cumprimento dos requisitos exixidos e pola que se facilite a información necesaria á consellaría competente en materia de benestar animal para o control da súa actividade».
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA
Derrogada por
CONSULTAR_RELACIONADAS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Lei_1_93_Castelan.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles