Diario Oficial de Galicia, 28-07-2005, Núm. 144, Páx. 13344
Instrución técnica ITR/03.0/05, do 27 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se aproba a creación da Bolsa de Subprodutos de Galicia.
Xustificación da creación da Bolsa de Subprodutos.
A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten atribuídas, entre outras, as funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana e o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, para o logro da adecuada protección ambiental.
No proceso de produción, transformación ou consumo de bens e servizos, prodúcense materiais, obxectos ou substancias que poden ser empregados de forma directa como substitutos dunha materia prima ou dun produto noutro proceso produtivo, e non teñen a cualificación de residuos, estando fóra das normas que os regulan. Estes materiais denomínanse subprodutos.
A utilización destes materiais para a produción de novos bens é unha boa práctica ambiental ao reducir o uso de materias primas e reducir os residuos evitando a súa produción. O uso destes non ten que estar suxeito a máis requisitos que os xerais exixidos para a utilización doutros materiais das mesmas características, non sendo necesaria unha regulación específica.
Tendo en conta o interese da actividade, faise necesario impulsar o intercambio destes materiais entre as empresas produtoras e as demandantes.
Unha ferramenta que na experiencia doutras comunidades demostrou a súa eficacia é a creación dunha bolsa de subprodutos, entendendo como tal un servizo que facilitará a toma de contacto entre ofertantes e demandantes de subprodutos.
Creación da Bolsa de Subprodutos.
Por todo o anterior procédese á creación da Bolsa de Subprodutos da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Obxectivos.
Os obxectivos da Bolsa de Subprodutos son:
-Potenciar o aproveitamento máximo dos subprodutos.
-Proporcionarlles ás empresas unha ferramenta para reducir gastos e mellorar a competitividade.
Condicións de utilización.
Esta bolsa rexerase de acordo coas seguintes normas:
-A utilización dos subprodutos noutro proceso de produción debe realizarse directamente, sen someterse previamente a ningún proceso de valorización.
-Os materiais susceptibles de intercambio son os materiais, obxectos ou substancias sobrantes dun proceso de transformación que non teñan a condición de residuos
-O servizo que se vai prestar consistirá en facilitar a comunicación, utilizando unha ferramenta web (www.bolsuga.org), entre empresas demandantes e ofertantes de subprodutos, sendo gratuíto para os usuarios.
Usuarios potenciais.
Poden utilizar a Bolsa de Subprodutos calquera organización ou empresa que xere ou teña que xestionar subprodutos, así como as que puidesen incorporar algún tipo de subproduto como materia prima nos seus procesos de produción.
Requisitos para a súa utilización.
Para poder utilizala, os usuarios procederan a inscribirse na bolsa de acordo cos seguintes requisitos:
1. A inscrición no sistema é un requisito indispensable para acceder aos servizos da Bolsa de Subprodutos. Esta formalízase cubrindo o formulario de inscrición.
2. A inscrición é gratuíta e supón a aceptación das condicións xerais de uso do servizo.
3. A inscrición dá dereito a publicar anuncios na bolsa e a contactar coas empresas anunciantes.
Confidencialidade.
A Bolsa de Subprodutos da Consellería de Medio Ambiente de Galicia proporciona os datos básicos do anuncio e facilita o contacto coas empresas anunciantes. A Consellería de Medio Ambiente de Galicia recibirá unha copia do correo electrónico enviado ao ofertante ou demandante de subprodutos.
A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia non se fai responsable do estado dos subprodutos anunciados, nin do destino que os anunciantes lles dan a estes, e é sempre responsabilidade do titular a súa xestión e manipulación axeitadas.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2005.
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Outros
Clasificación
MEDIO AMBIENTE XERAL
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL