Boletín Oficial del Estado, 07-04-2022, Núm. 83, Páx. 16843
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Rango legal
Resolución
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Convócanse as subvencións por danos en infraestruturas municipais e rede viaria provincial e insular, previstas no apartado cuarto do Acordo do Consello de Ministros do 21 de setembro de 2021, no que se refire á declaración como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil efectuada respecto das Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Canarias, Castilla-La Mancha, Castilla-León, Comunitat Valenciana, Extremadura, Galicia e Illes Balears, como consecuencia dos incendios forestais e inundacións declarados en situacións operativas 1 e/ou 2 desde o 24 de agosto ata o 17 de setembro de 2021, que se relacionan no anexo da resolución de convocatoria.
Obxecto
As subvencións destinaranse a financiar os proxectos directamente relacionados cos episodios que constan no anexo da convocatoria, que executen os concellos, os cabidos e consellos insulares, as deputacións provinciais ou as comunidades autónomas uniprovinciais, as comarcas e as mancomunidades nos termos municipais e núcleos de poboación, relativos ás obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal incluídos no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e da rede viaria das deputacións provinciais, dos cabidos e consellos insulares ou, no seu caso, das comunidades autónomas uniprovinciais.
Prazo
Ata as 15:00 horas do día 5 de maio de 2022.
