Extracto da Resolución do 4 de novembro de 2025 da Sociedade Estatal de Promoción Industrial e Desenvolvemento Empresarial, Entidade Pública Empresarial, pola que se efectúa a convocatoria de concesión de axudas para o desenvolvemento de instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no ano 2025.

Boletín Oficial del Estado, 06-11-2025, Núm. 267, Páx. 64673
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán acollerse ás axudas establecidas nesta convocatoria, as seguintes tipoloxías de entidades que cumpran co establecido no artigo 6 da Orde ITU 831/2024, do 2 de agosto, modificada pola Orde ITU 1175/2025, do 23 de outubro:
- As sociedades mercantís privadas con personalidade xurídica propia que realicen algunha actividade industrial, así como as sociedades mercantís estatais segundo a definición do artigo 111 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
- As agrupacións sen personalidade xurídica propia nas que participe unha entidade do apartado anterior e que establecesen un acordo de agrupación previo á solicitude.
Obxecto
Construción e posta en funcionamento de novas instalacións industriais ou novas liñas completas de produción altamente eficientes e descarbonizadas dentro do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica da Industria Manufactureira (PERTE de Descarbonización Industrial).
Prazo
Do 1/12/2025 ata o 18/12/2025 ás 14:00.00 (hora peninsular).
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ext Res 4-11-2025.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles