Extracto da Resolución do 3 de marzo de 2023, da Presidencia do Instituto para a Transición Xusta, O.A., pola que se convocan as axudas dirixidas a proxectos empresariais xeradores de emprego, que promovan o desenvolvemento alternativo das zonas de transición xusta, para o exercicio 2023.

Boletín Oficial del Estado, 07-03-2023, Núm. 56
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas ou xurídicas privadas con personalidade xurídica, así como as agrupacións integradas por elas, as comunidades de bens e os traballadores autónomos que vaian acometer os proxectos de investimento empresarial xeradores de emprego que fundamenten a concesión da axuda.
Obxecto
As axudas terán como finalidade promover a localización de proxectos de investimento empresarial nas zonas afectadas polo peche de explotacións de carbón, de centrais térmicas de carbón e centrais nucleares, así como a súa contorna, co fin último de xerar actividades
económicas alternativas nas devanditas zonas, coa consecuente xeración de novos postos de traballo e o mantemento dos xa existentes para incentivar o desenvolvemento destas zonas, considerando a súa condición de rexións desfavorecidas.
Consultar Orde TED/1240/2022, do 14 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras.
Prazo
Dous meses contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOE.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Res 03-03-2023.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles