Boletín Oficial del Estado, 29-10-2021, Núm. 258
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Rango legal
Resolución
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Entidades de protección animal que cumpran cos requisitos establecidos do artigo 2 da Orde DSA/1045/2021, do 28 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas: asociacións sen ánimo de lucro e fundacións legalmente constituídas non pertencentes ao sector público, de nacionalidade española e con residencia fiscal en España, cuxos estatutos establezan como fin principal, a protección e defensa dos animais.
Obxecto
Sufragar os gastos que haxan de afrontar as entidades de protección animal no ano 2022, en concepto de tratamentos veterinarios e gastos en bens funxibles non inventariable para o desenvolvemento das actividades das entidades de protección animal, incluíndo a comida adecuada dos animais, no exercicio da súa actividade do auxilio e coidado de animais domésticos e de compañía abandonados, independentemente da súa especie, e que estean ou estivesen en custodia da entidade de protección animal ou en colonias felinas controladas, de acordo co previsto no artigo 3.3 da Orde DSA/1045/2021, do 28 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a entidades de protección animal.
Prazo
Quince días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.
