Extracto da Resolución do 2 de xuño de 2023, do Consello de Administración do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se aproba a primeira convocatoria de axudas para proxectos de novos modelos de negocio na transición enerxética no marco do «Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU».

Boletín Oficial del Estado, 08-06-2023, Núm. 136
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas desta convocatoria as que se relacionan nos artigos 4 e 5 da Orde TED/1359/2022, do 28 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras.
Obxecto
A finalidade das axudas é contribuír ao cumprimento dos obxectivos marcados no Compoñente 8, Investimento 3, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, mediante a realización de proxectos de novos modelos de negocio, que ofrezan solucións aos retos expostos pola transición enerxética, relacionados coa innovación, a provisión de servizos de flexibilidade que permitan unha maior integración das enerxías renovables, e por tanto favorezan a descarbonización do sistema, ou a promoción e o desenvolvemento de novos proxectos empresariais (startups) que proporcionen solucións innovadoras para a transición enerxética.
Prazo
Ata o 1 de agosto
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Res 02-06-2023.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles