Extracto da Resolución do 19 de maio de 2020, da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada para o ano 2020 para a concesión de axudas ás Plataformas Tecnolóxicas e de Innovación, dentro do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Boletín Oficial del Estado, 25-05-2020, Núm. 148, Páx. 19271
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias das axudas, de acordo co establecido no artigo 5 da resolución de convocatoria, os organismos públicos de investigación, as universidades públicas, os Centros Tecnolóxicos de ámbito estatal e Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica de ámbito estatal, outros centros de I+D+i, públicos e privados sen ánimo de lucro, as empresas e as asociacións empresariais sectoriais.
Obxecto
O obxectivo da convocatoria é a creación e consolidación de Plataformas Tecnolóxicas e de Innovación que impulsen a mellora da capacidade tecnolóxica e a competitividade crecente do sector produtivo nacional realizando actividades de intercambio de coñecementos, de planificación e de difusión, que fomenten a colaboración en materia de I+D+i entre o sector público e o sector empresarial, e que favorezan a detección de novas demandas no ámbito dos Retos da Sociedade.
Prazo
Do 2 de xuño ata o 16 de xuño de 2020 ás 14:00 horas (hora peninsular española)
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ext Res 19-5-2020.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles