Extracto da Resolución, do 19 de febreiro de 2019, do Fondo Español de Garantía Agraria O.A., pola que se convocan axudas á cooperación para a subministración sostible de biomasa no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020

Boletín Oficial del Estado, 25-02-2019, Núm. 48, Páx. 10057
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán acceder a estas axudas as entidades establecidas no artigo 2.3 do Real Decreto 254/2016, do 10 de xuño, que cumpran os requisitos do artigo 4 do citado Real Decreto.
Obxecto
O obxecto destas subvencións é o apoio financeiro a proxectos de cooperación para a subministración sostible de biomasa entre axentes que a reciben ou a provén, destinada á produción de enerxía na transformación de produtos agroalimentarios, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020, financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación(MAPA) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) e regulado polo Regulamento (UE) Nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e o Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) e polo que se derroga o Regulamento (CE) Nº 1698/2005 do Consello.
Prazo
20 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ext Res 19-2-2019.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles