Extracto da Resolución do 18 de decembro de 2025, do Consello de Administración de E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se realiza a segunda convocatoria do programa de incentivos de proxectos innovadores de EERR e almacenamento, así como a implantación de sistemas térmicos renovables (EERR innovadoras) en marco do PRTR, financiado pola Unión Europea - Next Generation EU. Programa 5: Instalacións de bombas de calor renovables.

Boletín Oficial del Estado, 24-12-2025, Núm. 309, Páx. 76627
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Persoas xurídicas, públicas ou privadas, legal, validamente constituídas e debidamente inscritas no rexistro correspondente, sempre cumpran todos os requisitos establecidos en bases reguladoras e convocatoria.
Obxecto
Impulsar proxectos innovadores de investimento e implantación de bombas de calor renovable, cun rendemento medio estacional (SPF) superior a 2,415 para as aplicacións de calor e para as aplicacións unicamente de refrixeración, o requisito de eficiencia mínima do sistema de refrixeración, expresado como factor de rendemento estacional primario, deberá ser superior a 1,4, de acordo co disposto no Regulamento Delegado (UE) 2022/759 da Comisión do 14 de decembro de 2021 polo que se modifica o anexo VII da Directiva (UE) 2018/ 2001 do Parlamento Europeo e do Consello con respecto a unha metodoloxía para calcular a cantidade de enerxías renovables utilizada para a refrixeración e os sistemas urbanos de refrixeración.
Prazo
Do 14 de xaneiro 2026 ata o 19 de febreiro de 2026.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ext Res 18-12-2025_ programa5.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles