Extracto da Resolución 10 de xuño de 2021 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F.S.P., pola que se aproba a publicación da convocatoria para a creación de emprego a través de proxectos de formación, asesoramento e innovación social dirixidos a personas desempregadas no exercicio 2021, no marco do programa Empregaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo

Boletín Oficial del Estado, 17-06-2021, Núm. 144, Páx. 39275
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Entidades xurídicas públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que estean validamente constituídas e debidamente rexistradas no rexistro correspondente, e que teñan domicilio en territorio español.
Consultar Orde TED/550/2021, do 1 de xuño, pola que se aproban as bases reguladoras.
Obxecto
Apoio a proxectos para a creación de emprego a través da formación, asesoramento e innovación social dirixidos a persoas desempregadas. Serán obxecto desta convocatoria os proxectos que contribúan a afrontar os grandes retos actuais como a crise xerada polo COVID, a perda de biodiversidade, o cambio climático e o despoboamento do mundo rural, no marco dos diferentes plans e estratexias que constitúen o marco xeral da transición xusta e ecolóxica. A convocatoria persegue a consecución dos obxectivos establecidos na prioridad de investimento 8.1 do POEFE no marco do Eixo 1 "Promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral" e do Eixo 6"Innovación Social".
Prazo
Ata o 30 de setembro de2021
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Res 10-06-2021 3.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles