Extracto da Orde do 30 de abril de 2020 pola que se convoca a concesión das subvencións dispostas no Real Decreto 1055/2014, do 12 de decembro, polo que se crea un mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro, correspondentes ao ano 2019.

Boletín Oficial del Estado, 07-05-2020, Núm. 127, Páx. 17793
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Sociedades mercantís do sector privado, estean ou non incluídas en réxime de comercio de emisións, calquera que sexa a súa forma xurídica, que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude, que realicen unha ou varias actividades nos sectores ou produzan os produtos enumerados no anexo II das Directrices relativas a determinadas medidas de axuda estatal no contexto do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, baixo os códigos NACE que se explicitan no mesmo.
Obxecto
Compensación por custos de emisións indirectas de CO2, ao amparo do establecido nos apartados 15 e 16 do artigo 10 bis da Directiva 2009/29/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, pola que se modifica a Directiva 2003/87/CE para perfeccionar e ampliar o réxime comunitario de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.
Prazo
Desde o 1 de xuño ata o 22 de xuño de 2020.