Diario Oficial de la Comunidad Europea, 28-07-2000
COMENTARIO SOBRE DIRECTIVA EPER
A Directiva IPPC establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes (EPER nas súas siglas en inglés).
Un Inventario de Emisións e Fontes Responsables é unha ferramenta que permite acadar e procesar información acerca de sustancias químicas de potencial efecto negativo para a saúde e o medio ambiente, que se están a emitir á atmosfera, solo ou medio acuático como consecuencia da actividade do home. No anexo I da Decisión aparece a lista de contaminantes que deberán ser reportados á Comisión, segundo a industria da que se trate. Son en total 50 contaminantes distintos, dos cales na atmosfera mediranse 37, e no auga 26, tendo por tanto 13 contaminantes comúns a atmosfera e auga.
O EPER utilizarase como inventario público para proporcionar información medioambiental sobre as actividades industriais afectadas pola directiva IPPC, e ten os seguintes obxectivos:
Uso público : Chamar a atención sobre a contaminación ambiental e posibilita-las comparacións das emisións dos diferentes sectores e plantas industriais. A Comisión fará públicos os datos recollidos por cada estado membro a través da Internet.
Uso industrial : Incentiva-la mellora medioambiental e a innovación de procesos na industria. Os logros conseguidos pola industria traduciranse en reduccións de emisións que poderán ser demostrados có EPER.
Uso da Administración : Avalia-lo progreso do cumprimento de obxectivos medioambientais e establecer políticas e prioridades para reduci-las emisións, o no seu caso eliminalas, de forma eficiente.
Os estados membros notificarán á Comisión cada tres anos, sendo o primeiro informe sobre as emisións do ano 2001, en xuño de 2003. Os estados membros poderán reportar en esta data as emisións do ano 2000 ou do 2002, no caso de que non dispoñer da información referente ó ano 2001. A partir do ano 2008, invitarase ós estado membros a aportar esta información de forma anual.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Comunitaria
Rango legal
Directiva
Clasificación
CONTAMINACIÓN
ACTIVIDADES INDUSTRIAIS