Diario Oficial de Galicia, 12-04-2004, Núm. 69, Páx. 5046
Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.
Na data do 11 de marzo de 1999 o Consello da Xunta de Galicia acordou, en base ao disposto no artigo 4 do Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír e garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de flora e fauna silvestre, a remisión á Unión Europea dunha relación de lugares incluídos na proposta galega para a Rede Europea Natura 2000.
A proposta galega á Rede Europea Natura 2000 prevé unha serie de lugares para os que é necesario aplicar o marco legal previsto na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Esta necesidade de protección deriva da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, transposta ao dereito español, a través do Real decreto 1997/1995 que establece a obriga de manter -ou se é o caso restablecer- nun estado de conservación favorable, os tipos de hábitats naturais e taxones que formen parte de cada proposta, até mentres a Unión Europea non aprobe definitivamente os listados de Lugares de Importancia Comunitaria; así mesmo tamén se incluirán as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) declaradas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, regula no seu artigo 16, a Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, definíndoa como aqueles espazos que polos seus valores ou intereses naturais, culturais, científicos, educativos ou paisaxístico sexa necesario asegurar a súa conservación e non teñan outra protección específica. O parágrafo terceiro deste artigo dispón ademais que nesta zona se incluirán tamén as zonas especiais de conservación que conforman a Rede Natura 2000, creada ao abeiro das Directivas 79/409/CEE e 92/43/CEE, e que non teñan outra figura de protección das previstas nesta lei.
Polo tanto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dous de abril de dous mil catro,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.
1. Decláranse como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais os espazos naturais que se relacionan a continuación e que se identifican nos anexos deste decreto:
a) Anexo I: zonas propostas como Lugares de Importancia Comunitaria para formar parte da rede Natura 2000.
b) Anexo II: lugares declarados como Zona de Especial Protección para as Aves consonte a Directiva 79/409/CEE, relativa á conservación das aves silvestres.
2. De conformidade co artigo 10.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os espazos naturais incluídos na figura de Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais intégranse na Rede galega de espazos protexidos.
Artigo 2º.- Usos e actividades.
1. De acordo co establecido no artigo 16.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os usos e actividades que se viñan realizando nestes espazos e que non vulneren os seus valores naturais, pódense seguir levando a cabo, do xeito tradicional.
2. A realización de actividades non previstas anteriormente, e que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos requirirán autorización previa da Consellería de Medio Ambiente.
Artigo 3º.- Réxime cinexético.
As Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais manterán o réxime cinexético que tiñan antes da súa declaración, sen prexuízo de que os instrumentos de planificación que se é o caso se elaboren, dispoñan outra cousa.
Disposicións adicionais
Primeira.- Habilítase a Consellería de Medio Ambiente para propoñer a modificación dos termos establecidos neste decreto para o suposto de que a Unión Europea formulase observacións á proposta galega de Lugares de Importancia Comunitaria.
Segunda.- De conformidade co artigo 9.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no ámbito territorial dun espacio natural poderán coexistir distintas categorías de espazos naturais protexidos. Nestes caso prevalecerá réxime de protección específico.
Disposición derrogatoria
Única.- Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido neste decreto e, en concreto:
- Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se incluén as zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón, Ría de Ortigueira, Lagoa e Areal de Valdoviño e Ría do Eo, no rexistro xeral de Espazos Naturais de Galicia.
- Decreto 165/1999, do 20 de maio, polo que se declara definitivamente o encoro de Abegondo-Cecebre como espazo natural en réxime de protección xeral.
- Decreto 219/2000, do 21 de xullo, polo que se declara definitivamente a Lagoa do Rei como espacio natural en réxime de protección xeral.
- Orde do 9 de xuño de 2003 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espazos naturais en réxime de protección xeral.
Disposición derradeira
Esta disposición entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo), dous de abril de dous mil catro.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO I
Nome: Ortigueira - Mera (3.868 ha) Lic Es1110001 Ortigueira Mera Concellos: Cariño, Cerdido, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas
Nome: Costa Ártabra (7.546 ha) Lic Es 1110002 Costa Ártabra Concellos: Ares, Cariño, Cedeira, Ferrol, Mugardos, Narón, Ortigueira e Valdoviño
Nome: Fragas do Eume (9.127 ha.) Lic Es1110003 Fragas do Eume Concellos: Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez
Nome: Encoro de Abegondo-Cecebre (493 ha) Lic Es1110004 Encoro de Abegondo-Cecebre Concellos: Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral e Oza dos Ríos
Nome: Costa da Morte (11.809 ha) Lic Es1110005 Costa da Morte Concellos: Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo
Nome: Complexo Húmido de Corrubedo (9.265 ha) Lic Es1110006 Complexo Húmido de Corrubedo Concellos: Porto do Son e Ribeira
Nome: Betanzos-Mandeo (1.020 ha) Lic Es1110007 Betanzos-Mandeo Concellos: Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos e Paderne
Nome: Carnota-Monte Pindo (4.674 ha) Lic Es1110008 Carnota-Monte Pindo Concellos: Carnota, Cee, Dumbría, Corcubión e Mazaricos
Nome: Costa do Dexo (347 ha) Lic Es1110009 Costa do Dexo Concello: Oleiros
Nome: Estaca de Bares (852 ha) Lic Es1110010 Estaca de Bares Concellos: Ortigueira e Mañón
Nome: Esteiro do Tambre (1.581 ha) Lic Es1110011 Esteiro do Tambre Concellos: Brión, Negreira, Noia, Outes e Porto do Son
Nome: Monte e Lagoa de Louro (1.096 ha) Lic Es1110012 Monte e Lagoa de Louro Concellos: Carnota e Muros
Nome: Xubia-Castro (2.074 ha) Lic Es1110013 Xubia-Castro Concellos: Narón, Neda, San Sadurniño, Moeche, A Capela, As Somozas e As Pontes de garcía Rodríguez
Nome: Serra do Careón (6.662 ha) Lic Es1110014 Serra do Careón Concellos: Agolada, Friol, Melide, Palas de Rei, Santiso e Toques
Nome: Río Anllóns (162 ha) Lic Es1110015 Río Anllóns Concellos: Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Ponteceso
Nome: Río Tambre (583 ha) Lic Es1110016 Río Tambre Concellos: Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Todoia e Trazo
Nome: Os Ancares-O Courel (102.562 ha) Lic Es1120001 Os Ancares-O Courel Concellos: Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pobra de brollçon, Quiroga, Ribas de Sil, Samos e Triacastela
Nome: Río Eo (1.003 ha) Lic Es1120002 Río Eo Concello: A Fonsagrada, Meira, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada
Nome: Parga-Ladra-Támoga (4.938 ha) Lic Es1120003 Parga-Ladra-Támoga Concellos: Abadín-Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba e Xermade
Nome: A Marronda (1.239 ha) Lic Es1120004 A Marronda Concellos: Baleira e A Fonsagrada
Nome: As Catedrais (297 ha) Lic Es1120005 As Catedrais Concellos: Barreiros e Ribadeo
Nome: Carballido (4.828 ha) Lic Es1120006 Carballido Concellos: A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín
Nome: Cruzul-Agüeira (652 ha) Lic Es1120007 Cruzul-Agüeira Concellos: Becerreá e As Nogais
Nome: Monte Faro (2.988 ha) Lic Es1120008 Monte Faro Concellos: Carballedo, Chantado e Rodeiro
Nome: Monte Maior (1.247 ha) Lic Es1120009 Monte Maior Concellos: Viveiro e Xove
Nome: Negueira (4.558 ha) Lic Es1120010 Negueira Concello: Negueira de Muñiz
Nome: Ría de Foz-Masma (643 ha) Lic Es1120011 Ría de Foz-Masma Concellos: Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo
Nome: Río Landro (127 ha) Lic Es1120012 Río Landro Concellos: Ourol e Viveiro
Nome: Río Ouro (109 ha) Lic Es1120013 Río Ouro Concellos: Alfoz, Foz e O Valadouro
Nome: Canón do Sil (5.914 ha) Lic Es1120014 Canón do Sil Concellos: Nogueira de ramuín, Pantón, Parada de Sil e Sober
Nome: Serra do Xistral (22.964 ha) Lic Es 1120015 Serra do Xistral Concellos: Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, Ourol, As Pontes de García Rodríguez, O Valadouro, Vilalba, Viveiro, Xove e Xermade
Nome: Río Cabe (1.787 ha) Lic Es1120016 Río Cabe Concellos: Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón e Sober
Nome: Costa da Mariña Occidental (491) Lic Es1120017 Costa da Mariña Occidental Concellos: O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo
Nome: Baixa Limia (33.920 ha) Lic Es1130001 Baixa Limia Concellos: Bande, Calvos de randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea
Nome: Macizo Central (45.829 ha) Lic Es1120002 Macizo Central Concellos: O Bolo, Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Laza, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Pobra de Trives, Quiroga, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
Nome: Bidueiral de Montederramo (1.984 ha) Lic Es1130003 Bidueiral de Montederramo Concellos: Montederramo e Vilar de Barrio
Nome: Pena Veidosa (2.321 ha) Lic Es1130004 Pena Veidosa Concellos: Carballedo e San Cristovo de Cea
Nome: Río Támega (630 ha) Lic Es1130005 Río Támega Concellos: Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín
Nome: Veiga de Ponteliñares (160 ha) Lic Es1130006 Veiga de Ponteliñares Concellos:Porqueira e Rairiz de Veiga
Nome: Pena Trevinca (24.894 ha) Lic Es1130007 Pena Trevinca Concellos: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Manzaneda, A Veiga e Viana do Bolo
Nome: Pena Maseira (5.715 ha) Lic Es1130008 Pena Maseira Concellos: A Gudiña e A Mezquita
Nome: Serra da Enciña da Lastra (1.742 ha) Lic Es1130009 Serra da Enciña da Lastra Concello: Rubiá
Nome: Illas Cíes (990 ha) Lic Es0000001 Illas Cíes Concellos: Vigo
Nome: Sistema Fluvial Ulla-Deza (1.633 ha) Lic Es1140001 Sistema Fluvial Ulla-Deza Concellos: Ames, Brión, Catoira, Dodro, A Estrada, Boqueixón, Padrón, Pontecesures, Rianxo, Rois, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra e Vila de Cruces
Nome: Río Lérez (148 ha) Lic Es1140002 Río Lérez Concellos: Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra
Nome: A Ramallosa (92 ha) Lic Es1140003 A Ramallosa Concellos: Nigrán e Baiona
Nome: Complexo Ons - O Grove (7.608 ha) Lic Es1140004 Complexo Ons - O Grove Concellos: Bueu, Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo
Nome: Monte Aloia (783) Lic Es1140005 Monte Aloia Concello: Tui
Nome: Río Tea (357 ha) Lic Es1140006 Río Tea Concellos: O Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño
Nome: Baixo Miño (2.871 ha) Lic Es1140007 Baixo Miño Concellos: Arbo, A Cañiza, Crecente, A Guarda, As Neves, Padrenda, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui
Nome: Brañas de Xestoso (1.077 ha) Lic Es1140008 Brañas de Xestoso Concellos: A Estrada, Forcarei e Silleda
Nome: Cabo Udra (623 ha) Lic Es1140009 Cabo Udra Concellos: Bueu e Cangas
Nome: Costa da Vela (1.419 ha) Lic Es1140010 Costa da Vela Concellos: Cangas
Nome: Gándaras de Budiño (727 ha) Lic Es1140011 Gándaras de Budiño Concellos: O Porriño, Salceda de Caselas e Tui
Nome: Illas Estelas (725 ha) Lic Es1140012 Illas Estelas Concellos: Nigrán
Nome: Serra do Candán (10.699 ha) Lic Es1140013 Serra do Candán Concellos: Beariz, Forcarei, O Irixo, Lalín e Silleda
Nome: Serra do Cando (5.458 ha) Lic Es1140014 Serra do Cando Concellos: Beariz, Cerdedo, Cotobade, Forcarei e A Lama
Nome: Sobreirais do Arnego (1.124 ha) Lic Es 1140015 Sobreirais do Arnego Concellos: Agolada, Lalín e Vila de Cruces
Enseada de San Simón (2.218 ha) Lic Es1140016 Enseada de San Simón Concellos: Moaña, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vilaboa
ANEXO II
Nome: Illas Cíes (990 ha) Zepa Es0000001 Illas Cíes Concellos: Vigo
Nome: Ribadeo (536 ha) Zepa Es0000085 Ribadeo Concellos: Ribadeo e Trabada
Nome: Ría de Ortigueira e Ladrido (3.025 ha) Zepa Es0000086 Ría de Ortigueira e Ladrido Concellos: Cariño e Ortigueira
Nome: Complexo Intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira (2.813 ha) Zepa Es0000087 Complexo Intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira Concellos: Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo
Nome: Costa da Morte (Norte) (7.962 ha) Zepa Es0000176 Costa da Morte (Norte) Concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
Nome: Illa de Ons (924 ha) Zepa Es0000254 Illa de Ons Concello: Bueu
Nome: Costa de Ferrolterra - Valdoviño (4.266 ha) Zepa Es0000258 Costa de Ferrolterra - Valdoviño Concellos: Ferrol, Narón e Valdoviño
Nome: Serra da Enciña da Lastra (1.742 ha) Zepa Es1130009 Serra da Enciña da Lastra Concello: Rubiá
Nome: Complexo Litoral de Corrubedo (971 ha) Zepa Es0000313 Complexo Litoral de Corrubedo Concello: Ribeira
Nome: Costa da Mariña Occidental (2.169 ha) Zepa Es0000372 Costa da Mariña Occidental Concellos: O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo
Nome: Ría de Foz (564) Zepa Es0000373 Ría de Foz Concellos: Foz e Barreiros
Nome: Ancares (12.564 ha) Zepa Es0000374 Ancares Concellos: Cervantes e Navia de Suarna
Nome: Esteiro do Miño (1.688 ha) Zepa Es0000375 Esteiro do Miño Concellos: A Guarda e O Rosal
Nome: Baixa Limia-Serra do Xurés (31.287 ha) Zepa Es0000376 Baixa Limia-Serra do Xurés Concellos: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Quintela de Leirado e Verea
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango legal
Decreto
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL