Decreto 555/2005, do 10 de novembro, polo que se adoptan medidas provisionais en relación coa utilización do dominio público hidráulico.

Diario Oficial de Galicia, 23-11-2005, Núm. 225, Páx. 18710
Decreto 555/2005, do 10 de novembro, polo que se adoptan medidas provisionais en relación coa utilización do dominio público hidráulico. A xestión das augas ten como obxectivo fundamental e básico o de compatibilizar e harmonizar esta coas principais directrices do desenvolvemento sustentable, coa ordenación do territorio e coa conservación e protección da natureza, contando co instrumento da planificación hidrolóxica, que ten o fin primordial do aproveitamento óptimo e eficiente dos recursos dispoñibles para a satisfacción das demandas e, en particular, do abastecemento de auga ás poboacións dos núcleos rurais e urbanos, considerado este uso prioritario na utilización dos recursos hídricos. O artigo 58 do Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, e o artigo 31 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, permiten adoptar, en casos de secas extraordinarias, sobreexplotación de acuíferos ou en similares estados de necesidade ou de concorrencia de situacións anómalas, medidas para a superación das devanditas situacións, mediante norma con rango de decreto en relación coa utilización de dominio público hidráulico, mesmo cando xa fose obxecto de concesión. O novo marco ambiental, xurídico e técnico xurdido desde a transposición da Directiva Marco da Auga afecta dun xeito directo aos plans hidrolóxicos de bacía, o que obriga estes a adoptaren nos seus presupostos os criterios da directiva, xerando así a necesidade da correspondente modificación e revisión dos plans. Consecuentemente, ante este escenario de novos obxectivos, a Administración hidráulica está a elaborar os estudos e traballos que permitan, atendendo á crecente presión que supón o continuo crecemento das demandas, conseguir a protección das augas, tanto en termos cualitativos coma cuantitativos, e garantir así a sustentabilidade do recurso. Neste sentido, cómpre salientar que estes estudos implican, por unha banda, modificacións e cambios de carácter substancial no Plan hidrolóxico de Galicia-Costa e, por outra, unha influencia directa no documento técnico Plan de abastecemento que está, neste momento, en elaboración. Estas actuacións prioritarias e a nova análise das necesidades en materia de administración hidráulica existentes en Galicia, así como o feito de que determinadas zonas do dominio público hidráulico están en risco de sobreexplotación, obrigan e motivan unha reformulación e adaptación do Plan sectorial hidroeléctrico das bacías hidrográficas de Galicia-Costa. En virtude do anterior, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de novembro de dous mil cinco, DISPOÑO: Artigo 1º Acordar a iniciación dos trámites para a revisión do Plan sectorial hidroeléctrico das bacías hidrográficas de Galicia-Costa, de conformidade co disposto no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal. Artigo 2º Suspender a tramitación administrativa das solicitudes de concesións de aproveitamentos hidroeléctricos de augas públicas ata a aprobación da revisión do Plan sectorial hidroeléctrico das bacías de Galicia-Costa para os efectos de adaptación das necesidades de utilización do dominio público hidráulico á revisión do devandito plan sectorial. Artigo 3º Quedan excluídas da suspensión as concesións de aproveitamentos hidroeléctricos outorgados con anterioridade a este acordo, sen prexuízo dos recursos que legalmente procedan. Disposicións derradeiras Primeira.-Autorízase o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto. Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil cinco. Emilio Pérez Touriño Presidente Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AUGAS CONTINENTAIS
Derogada por
CONSULTAR_RELACIONADAS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
22500D001P006G.PDF Galego
22500D001P006.PDF Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles