Decreto 35/2007, do 15 de marzo, polo que se declara a utilidade pública e o interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, incluídos no proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia de data 26 de outubro de 2006, como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Diario Oficial de Galicia, 20-03-2007, Núm. 56, Páx. 4403
Decreto 35/2007, do 15 de marzo, polo que se declara a utilidade pública e o interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, incluídos no proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia de data 26 de outubro de 2006, como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. O Decreto 154/1993, do 24 de xuño, polo que se establece o réxime xurídico básico do servizo público de xestión dos residuos industriais, dispón como servizo público a xestión dos residuos que se leva a cabo na Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, é dicir, no actual Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (en diante, CTRIG). Este decreto tamén vén a establecer que a concesión deste servizo público se adxudicará mediante o procedemento de concurso público. En cumprimento das devanditas prescricións, a Xunta de Galicia convocou o correspondente concurso público, resultando adxudicataria del a entidade mercantil Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa). Posteriormente, con data 12 de maio de 1995, asinouse o contrato administrativo para a xestión do servizo público da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia, entre a Xunta de Galicia, en concreto, a súa Consellería de Industria e Comercio e a sociedade xestora, é dicir, a entidade mercantil Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa), constituíndo o obxecto do devandito contrato, a xestión do servizo público que se presta no actual Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), que comprende todas as actividades de xestión dos residuos industriais, tóxicos e perigosos, dentro do ámbito da Comunidade Autónoma galega. O Consello da Xunta de Galicia acordou declarar, con data 27 de xullo de 2006, como de incidencia supramunicipal o proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas (DOG nº 150, do 4 de agosto de 2006). Con posterioridade, en concreto con data 26 de outubro de 2006, o Consello da Xunta de Galicia acordou aprobar definitivamente o proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, no termo municipal das Somozas (DOG nº 227, do 24 de novembro de 2006), como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Nesta aprobación, e de conformidade co disposto na disposición derradeira primeira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que modifica a disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, quedaron expresamente cualificadas como de marcado carácter territorial as obras necesarias para a execución do devandito proxecto sectorial. Así mesmo, no devandito acordo disponse «Declarar a utilidade pública e o interese social para os efectos expropiatorios das obras, instalacións e servizos previstos no proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas nos termos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e na disposición derradeira primeira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia». A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou, con data 10 de outubro de 2006, a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto sectorial do Centro de Residuos Industriais de Galicia, no concello das Somozas, promovido pola Xunta de Galicia (DOG nº 217, do 10 de novembro de 2006). A entidade mercantil Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa), como concesionaria da xestión do servizo público que se desenvolve no Centro de Tratamento de Xestión de Residuos Industriais de Galicia nas Somozas, instou con data 22 de xaneiro de 2007 e de acordo co artigo 5 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, a iniciación do correspondente procedemento de expropiación forzosa, polo procedemento de urxencia, das parcelas necesarias para a execución do proxecto sectorial e que foron obxecto de ordenación por este, así como a declaración da urxente ocupación dos terreos necesarios para a execución das ditas obras, de conformidade co previsto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, así como no artigo 56 do regulamento que a desenvolve, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957. Esta expropiación obedece á necesidade que ten o CTRIG de ampliar as súas instalacións, co fin de poder seguir prestando o servizo público de xestión dos residuos industriais no dito centro, unha vez alcanzada a colmataxe e ocupación total da superficie dispoñible nas instalacións actuais. Precísase a implantación de novos procesos de tratamento que permitan a minimización na eliminación dos residuos e, alternativamente, a súa valorización e recuperación, xunto coa renovación de instalacións que, pola súa antigüidade, quedaron obsoletas e non garantan a eficiencia necesaria na xestión dos residuos recibidos. A finalidade desta expropiación consiste na posibilidade de dar a necesaria cobertura e continuidade a nivel autonómico á xestión dos residuos industriais. Preténdese renovar as liñas de tratamento de que se dispón actualmente no CTRIG; dotar o dito centro de novas liñas que contribúan a optimizar a xestión dos procesos que nel se desen volven; establecer unha nova liña destinada á recuperación e valoración das fraccións metálicas dun importante volume de residuos que ata agora teñen como destino o depósito en vertedoiro; así como poñer en marcha un circuíto para a recuperación e reutilización dos envases que no propio centro se reciben. Todas estas actuacións se desenvolverán segundo o previsto no proxecto sectorial para ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia con data 26 de outubro de 2006, e na súa correspondente declaración de impacto ambiental formulada con data 10 de outubro de 2006 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. A localización das mencionadas unidades de tratamento realizouse tendo en conta os criterios indicados polo beneficiario da expropiación forzosa, consistentes na minimización dos riscos derivados dos procesos e a trasfega interior dos residuos, na adaptación á orografía do terreo para reducir os movementos de terras e o impacto paisaxístico, na optimización do uso do solo e a obtención das máximas sinerxías entre os distintos procesos de tratamento. Con data do 18 de maio de 2006, publícase no Diario Oficial de Galicia, o Decreto 77/2006, do 11 de maio, polo que se declara a utilidade pública e interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos situados no recinto do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, afectados pola ampliación das instalacións para a xestión dos residuos contaminados con hidrocarburos, nas Somozas (A Coruña). Con data do 14 de xuño de 2006, publícase no Diario Oficial de Galicia o Decreto 95/2006, do 1 de xuño, polo que se declara a utilidade pública e interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo establecemento dun depósito de seguridade para a posta en marcha dunha instalación de eliminación de residuos perigosos no Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, nas Somozas (A Coruña). Este depósito de seguridade prevese que comece a funcionar dende o mes de abril de 2007 ata o mes de abril de 2008. Polo tanto, prevese que no vindeiro mes de abril de 2007 se complete a colmataxe do depósito de seguridade actual. Ben que no primeiro trimestre de 2006 se estimou que a devandita colmataxe se produciría no mes de decembro dese ano, en previsión precisamente dunha posible dilatación no desenvolvemento do proxecto sectorial e os procedementos de expropiación iniciados nese ano polos decretos 77/2006, do 11 de maio, e 95/2006, do 1 de xuño, e co fin de evitar o colapso do CTRIG, optimizouse a ocupación do vertedoiro, incrementando a densidade do residuo nel confinado minimizando dese xeito o volume ocupado, o que permitiu prolongar a vida útil do depósito e atrasar a súa colmataxe ata o próximo mes de abril de 2007. Para poder continuar coa prestación do servizo público, esta Administración autorizou a construción dun depósito previo de residuos, que vai permitir o desenvolvemento da actividade con normalidade ata o momento no que o CTRIG conte coas súas novas instalacións. Este depósito deberá iniciar a súa actividade antes do mes de abril de 2007, é dicir, antes do momento da colmataxe do depósito actual. O devandito Decreto 95/2006, do 1 de xuño, permitiu a expropiación dos terreos onde, na actualidade, se está a construír o dito depósito, que ten unha vida útil estimada de 11 meses, de tal xeito que a súa capacidade estaría colmatada no mes de abril de 2008, toda vez que terá unhas entradas medias de 10.000 toneladas ao mes. A urxencia da expropiación, obxecto do presente decreto, vén motivada pola necesidade de que cando se produza a colmataxe do depósito de seguridade para a posta en marcha da instalación de eliminación de residuos perigosos no CTRIG, obxecto do Decreto 95/2006, do 1 de xuño, prevista para abril do 2008, se conte cunhas novas instalacións, construídas e plenamente operativas, para poder seguir prestando o servizo público. A construción das novas instalacións, tanto do novo depósito de seguridade (DDS), como das súas instalacións asociadas (plantas de estabilización e de recepción, clasificación, acondicionamento de residuos e recuperación de envases), todas elas cun funcionamento sinérxico, precisa da necesaria urxente ocupación dos terreos, por canto o conxunto ten que estar plenamente operativo en abril de 2008. O proxecto da presente expropiación é un proxecto de futuro inmediato para dar cobertura ás necesidades apremantes de xestión de residuos industriais en Galicia. O novo DDS contará con sete celas de vertedura, tendo como prazo de execución o de nove meses, e sendo imprescindible que se atope en funcionamento en marzo de 2008. Así, para que estea preparado no momento en que se colmate o depósito de seguridade (abril 2008), cómpre comezar as obras cunha anterioridade de nove meses, é dicir, como moi tarde en xuño de 2007. O procedemento de expropiación forzosa ordinario resulta, polas razóns expostas, incompatible coa presente expropiación xa que non permite o cumprimento dos prazos previstos e necesarios para a entrada en funcionamento do depósito de seguridade, isto é, marzo de 2008. Para o comezo da execución das obras, cómpre realizar previamente algúns estudos na zona, preferentemente estudos de campo, que permitan coñecer as características xeolóxicas e xeotécnicas da zona e o subsolo, exixidos na propia normativa de construción, onde se asentará a ampliación do CTRIG, así como determinar a topografía exacta da área onde se implantarán as edificacións. Estes estudos, xeotécnico e topográfico, precisan de dous meses previos de traballo, non podendo iniciarse ata o momento en que se poidan ocupar as parcelas obxecto de expropiación. Por tanto, a necesidade da urxente ocupación dos terreos afectados polo proxecto sectorial xorde da obriga desta Administración pública de garantir a continuidade do servizo público da xestión do CTRIG, que presta a través da Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A. (Sogarisa), onde no ano 2005, a expensas de pechar o exercicio do 2006, se xestionaron 111.871 toneladas de residuos perigosos. Constitúe, por tanto, a causa expropiandi, a propia necesidade de continuidade na prestación do devandito servizo público. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu, con data do 23 de xaneiro de 2007, iniciar o expediente de expropiación forzosa e abrir un período de información pública por un prazo de 20 días hábiles, en cumprimento do disposto no artigo 17, parágrafo primeiro, do Regulamento de expropiación forzosa, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957; no dito período, en concreto, con datas 21 e 22 de febreiro de 2007, as sociedades Xilo Galicia, S.L., Victor Toca Grupo de Empresas, S.L. e Recover, S.L. e o Concello das Somozas presentan escrito de alegacións, que foron obxecto de contestación, respectivamente, con datas 9 e 12 de marzo de 2007 pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Polo tanto, tendo en consideración que o Consello da Xunta de Galicia acordou con data 26 de outubro de 2006, declarar a utilidade pública e o interese social para os efectos expropiatorios das obras, instalacións e servizos, previstos no proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas, e que o artigo 15 da Lei de expropiación forzosa permite incluír entre os bens de necesaria ocupación, aqueles que sexan indispensables para as previsibles ampliacións da obra ou finalidade de que se trate, en virtude do exposto e en aplicación do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de marzo de dous mil sete, DISPOÑO: Artigo único.-Declarar a utilidade pública e interese social e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios, que se concretan no expediente administrativo instruído para efectos de expropiación no proxecto sectorial para a ampliación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia no termo municipal das Somozas (A Coruña), aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia de data 26 de outubro de 2006 como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, solicitada pola Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A., como beneficiaria da expropiación forzosa. Disposición derradeira Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, quince de marzo de dous mil sete. Emilio Pérez Touriño Presidente Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Clasificación
RESIDUOS PERIGOSOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
De352007.pdf Galego
De352007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles