Diario Oficial de Galicia, 24-12-2002, Núm. 248
Decreto 351/2002, do 13 de decembro, polo que se declara a emerxencia das obras, servicios e subministracións necesarias para facer fronte ó derramamento de hidrocarburos do buque Prestige e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos para o depósito dos ditos residuos.
A gran cantidade de hidrocarburos vertidos polo Prestige no océano Atlántico e a súa masiva chegada ó litoral de Galicia requiren da súa retirada e eliminación, abordándose a súa axeitada xestión, de conformidade coas previsións da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos. Non obstante o anterior e ante a imposibilidade material de xestionar con carácter inmediato e na súa totalidade os residuos retirados do litoral, estímase a urxente necesidade de ocupar determinados terreos para efectos de proceder ó seu depósito, mentres non sexan susceptibles de xestión nas plantas existentes para o efecto.
A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
O Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas recolle no seu artigo 72 unha tramitación excepcional dos expedientes de contratación para aqueles supostos nos que a Administración teña de actuar de xeito inmediato a causa de circunstancias que supoñan grave perigo, supostos nos que o órgano de contratación pode ordena-la execución do necesario para remedia-lo acontecemento producido, satisface-la necesidade sobrevida ou contratar libremente o seu obxecto, sen suxeitarse ós requisitos formais establecidos nesta lei.
Consonte co anterior, por proposta do conselleiro de Meido Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de decembro de dous mil dous,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Decláranse de emerxencia as obras, servicios e adquisicións ou subministracións consistentes na reparación ou mantemento do servicio de infraestructuras e equipamentos no ámbito ambiental, así
como as obras de reposición de bens prexudicados pola catástrofe que teñen que executa-los diferentes órganos de contratación.
Artigo 2º
De conformidade co disposto nos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos que se precisen para o depósito temporal das verteduras provenientes do buque Prestige.
Disposición derradeira
A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, trece de decembro de dous mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Decreto
Clasificación
RESIDUOS PERIGOSOS