Diario Oficial de Galicia, 04-12-2002, Núm. 234, Páx. 16805
Decreto 333/2002, do 22 de novembro, polo que se modifica o Decreto 14/2002, polo que establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
O Decreto 14/2002, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente contempla entre os seus órganos a Dirección Xeral da Conservación da Natureza, que pola súa vez, conta con dúas subdireccións xerais, a Subdirección Xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade e a Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas.
A Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, ten encomendadas as funciones de programación, fomento e xestión dos recursos cinexéticos e piscícolas en augas continentais, a través da ordenación dos ditos recursos, con especial incidencia na divulgación, formación e promoción específica destas materias. Da devandita subdirección depende o Servicio de Caza e Pesca Fluvial.
No ámbito provincial as funciones e competencias da consellería son exercidas polas delegacións provinciais contando para iso con unidades con nivel orgánico de servicio, dispoñendo dun único servicio, o de Conservación da Natureza, para efectos de exerce-las funcións da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, neste ámbito.
A crecente amplitude e complexidade dos cometidos encargados ós servicios provinciais de Conservación da Natureza fan aconsellable o seu desdobramento, en dous servicios provinciais, que reproduzan a estructura da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, nun servicio provincial de espacios naturais e biodiversidade, e outro encargado de caza e da pesca fluvial, modificando, en consecuencia, a denominación e funcións do actual Servicio de Conservación da Natureza.
Dese xeito racionalizarase máis a estructura administrativa, facilitando as relaciones entre os servicios centrais e os periféricos e atenderanse mellor os traballos e sectores implicados, contribuíndo a asenta-la proposta galega para a rede Natura 2000, atendendo á aplicación da normativa de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e cubrindo as demandas dos máis de cen mil pescadores e dos preto de oitenta mil cazadores existentes nesta Comunidade Autónoma.
En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, tralo de informe das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de novembro de dous mil dous,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Dar nova redacción ó parágrafo sexto do artigo 9.3 do Decreto 14/2002, que regula o Servicio de
Conservación da Natureza, quedando redactado como segue:
Servicio de Espacios Naturais e Biodiversidade: exercerá no ámbito provincial as funciones da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en materia de espacios naturais e biodiversidade, así como a aplicación da normativa de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.
Artigo 2º
Engadir un novo parágrafo o artigo 9.3º do Decreto 14/2002:
Servicio de Caza e Pesca Fluvial: exercerá no ámbito provincial as funcións da Dirección Xeral de Consevación da Natureza en materia de caza e pesca fluvial.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó disposto neste decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o conselleiro de Medio Ambiente para dicta-las disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación en Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Decreto
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN |
|---|---|
| DECRETO 14/2002, DO 24 DE XANEIRO, POLO QUE SE ESTABLECE A ESTRUCTURA ORGÁNICA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE. | 06/02/2002 |