Decreto 311/2001, do 17 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/1992, do 10 de xullo, polo que se modifica a estructura da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares.

Diario Oficial de Galicia, 18-12-2001, Núm. 243, Páx. 16081
Constituído o novo Parlamento de Galicia, e como consecuencia dunha nova estructura orgánica da Xunta de Galicia, cómpre, para unha maior eficacia e coordinación administrativa, proceder á modificación do artigo 5, letras a) e b) do Decreto 202/1992, do 10 de xullo, polo que se modifica a estructura da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares, no que se refire á súa presidencia e vicepresidencia. Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de decembro de dous mil un, DISPOÑO: Artigo único.-As letras a) e b) do artigo 5 do Decreto 202/1992, do 10 de xullo, polo que se modifica a estructura da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares, quedan redactadas do teor literal seguinte: «a) Un presidente, nomeado polo conselleiro de Medio Ambiente. b) 1. O delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, que actuará como vicepresidente 1º. 2. O xefe do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, que actuará como vicepresidente 2º». Disposición adicional Única.-As referencias contidas no Decreto 202/1992, do 10 de xullo, en canto á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, deberán entenderse referidas á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente. Disposicións derradeiras Primeira.-Facúltase o conselleiro de Medio Ambiente para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto. Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, dezasete de decembro de dous mil un. Manuel Fraga Iribarne Presidente José Carlos del Álamo Jiménez Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Sen datos dispoñibles
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles