Diario Oficial de Galicia, 18-12-2006, Núm. 241, Páx. 18340
Corrección de erros.- Orde do 14 de decembro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas para os concellos afectados polas inundacións producidas no mes de novembro.
Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 240, do 15 de decembro de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:
- Na páxina 18.262, en concreto, no título da orde, onde di: «... polas inundacións producidas no presente mes de novembro», debe dicir: «... polas inundacións producidas no mes de novembro».
- Na páxina 18.263, no artigo 5 da orde, na primeira liña, onde di: «1. O Servizo de Xestión...», debe suprimirse o número 1.
- Na páxina 18.264, no artigo 15 da orde, no punto primeiro, onde di: «As axudas que se van conceder con cargo á presente convocatoria financiaranse con cargo á aplicación 15.01.342A do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, na que existe crédito axeitado por un importe de 1.365.060,48 A para tal fin», debe dicir: «As axudas que se van conceder con cargo á presente convocatoria financiaranse con cargo á aplicación 15.01342A.760.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, na que existe crédito axeitado por un importe de 1.705.788 A para tal fin».
- Na páxina 18.265, no anexo II, no cuarto cadro, onde di: «SOLICITO: Que me sexa concedida a axuda e os beneficiarios previsto na Orde do... de decembro...», debe dicir: «SOLICITO: Que me sexa concedida a axuda e os beneficios previstos na Orde do 14 de decembro...».
- Na mesma páxina, no anexo II, no cadro referente á autorización, debe engadirse un punto 2, para que quede redactado nos seguintes termos:
«1. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios da súa publicación na citada páxina web.
2. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para incluír e facer público, nos rexistros de axudas, subvencións, e convenios e de sancións, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas».
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN |
|---|---|
| Orde do 14 de decembro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas para os concellos afectados polas inundacións producidas no presente mes de novembro. | 15/12/2006 |