BOP Pontevedra, 13-08-2019, Núm. 154, Páx. 1
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Rango legal
Outros
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexan a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civiles e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida no Obradoiro de Emprego “FORESTA LALÍN”, e que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial de Lalín.
As accións formativas impartidas no Obradoiro de Emprego “FORESTA LALIN" son:
—Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas: AGAR 0208.
—Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes: AGAR 0309.
As accións formativas impartidas no Obradoiro de Emprego “FORESTA LALIN" son:
—Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas: AGAR 0208.
—Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes: AGAR 0309.
Obxecto
A concesión de axudas económicas a persoas empregadoras e ás empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, como estímulo á empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro de Emprego “FORESTA LALÍN”, financiado a través da convocatoria 2018 de axudas e subvencións a obradoiros duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Prazo
15 días hábiles, desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
