BOP A Coruña, 10-11-2025, Núm. 215
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Rango legal
Outros
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Entidades sen ánimo de lucro de carácter medioambiental da provincia da Coruña, en concreto as asociacións, fundacións e federacións que teñan como fin primordial o estudo, a conservación, a promoción e/ou defensa dos recursos naturais e do medio ambiente e que o seu ámbito de actuación estea comprendido na provincia da Coruña.
Obxecto
Regular a concesión de subvencións por parte da Deputación da Coruña, en réxime de concorrencia competitiva, para financiar proxectos de investimentos que se desenvolvan na provincia da Coruña no ámbito do medio ambiente, que se realicen en 2026 por parte de entidades privadas sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo
Establecerase na correspondente convocatoria
