BOP A Coruña, 29-07-2021, Núm. 142, Páx. 1
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Rango legal
Outros
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos talleres duais de emprego, é dicir, que a actividade estea relacionada coas especialidades de “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas” (AGAR0208) ou con “Actividades auxiliares en mellora e conservación de montes” (AGAR0309).
Obxecto
Facilitar a empregabilidade e ocupabilidad das persoas participantes nos talleres duais de emprego, financiados a través da convocatoria 2020 de axudas e subvencións a talleres duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á “Consellería de Economía, Emprego e Industria” da Xunta de Galicia, neste caso será para o alumnado do Taller de Emprego “BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO III”.
Prazo
Un mes a contar desde o día seguinte á publicación do extracto no Bop da Coruña.
