Aprobación definitiva regulamento de funcionamento do punto limpo

Boletin Oficial Provincial, 19-04-2007, Núm. 89, Páx. 4387
Aprobado definitivamente o Regulamento de Funcionamento do Punto Limpo ó non terse presentado reclamacións ao mesmo no periodo de exposición pública e de conformidade co previsto na lexislación de réxime local, procédese a publicación íntegra do texto do mesmo: "ART. 1º - DEFINICIÓN O Punto Limpo de O Pino é unha instalación onde se efectúa a recepción, previamente seleccionados, de certos tipos de residuos domésticos, que pola súa natureza non son obxecto habitual do servizo de recollida de residuos sólidos urbáns. Constitúe por tanto, un sistema de recollida selectiva, sendo un centro de recepción, almacenaxe, selección e valoración dos residuos municipais, que non teñan canalización de recollida diaria nin domiciliaria. En ningún caso se trata dun vertedoiro senón dun lugar onde se almacenan temporalmente os residuos para ser posteriormente trasladados a outros lugares a través de transportistas e xestores autorizados. ART. 2º.- OBXECTIVOS O sistema de recollida a través do Punto Limpo responde a varios obxectivos: - O obxectivo fundamental é servir os cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario. - Evitar o verquido incontrolado dos residuos de gran tamaño que non poden ser eliminados por medio dos servizos convencionais de recollida de lixo. - Evitar o verquido de escombros e outros no medio natural, rural e urbano do termo municipal de O Pino. - Aproveitar aqueles materiais contidos nos residuos urbáns que poden ser reciclados directamente e conseguir con elo un aforro en materiais e de enerxía, así como tratar ou eliminar residuos. - Separar os residuos perigosos que se xeran nos fogares para evitar que a súa eliminación conxunta co resto de lixo urbano ou mediante o verquido á rede de saneamento supoña risco para os operarios destes servizos, danos as instalacións de tratamento ou eliminación e contaminación do medio ambiente. ART. 3º - ÁMBITO DE APLICACIÓN O presente regulamento ten por obxecto regular as actividades relacionadas coa posta en marcha e funcionamento do punto limpo de O Pino, as súas instalacións, elementos e mobiliario. ART. 4º - SERVIZOS QUE PRESTA O PUNTO LIMPO Os servizos que presta o Punto Limpo de O Pino son os seguintes: * Recepción de residuos previamente clasificados polo usuario para o seu posterior transporte aos lugares axeitados para o seu tratamento. * Control dos residuos que se depositan. * Mantemento e xestión das instalacións pertencentes ao Punto Limpo. ART. 5º - RESIDUOS ADMISIBLES E NON ADMISIBLES 1.- Son recursos admisibles no Punto Limpo do Concello de O Pino os que se relacionan de seguido: - COMÚNS * vidro (iglú) - * papel (iglú) - * cartón (iglú) - * bricks, latas e envases * madeira - * metais (aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable etc)- * plásticos - * textil VOLUMINOSOS * electrodomésticos - * enseres, mobles, colchóns, somieres, caixas, portas, marcos etc - * escombros de pequenas reparacións no fogar. - * neumáticos TÓXICOS E PERIGOSOS * aceites vexetais de cociña e aceites minerais - * baterías de automóvil - * disolventes - * pilas - * sprays/aerosois - * radiografías - * fluorescentes - * pinturas. 2.- Son recursos non admisibles no punto limpo do Concello de O Pino, os que se relacionan de seguido: * Materiais sen clasificar - * materia orgánica - * residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou cotilóxicos - * residuos radioactivos - * residuos industriais de empresas - * residuos agrícolas ou gandeiros - * residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas - * productos procedentes de decomisados - * medicamentos ou envases dos mesmos -* recipientes voluminosos metálicos ou plásticos de aproximadamente 25 litros ou superiores que contiveses productos tóxicos ou perigosos.- * calquera outro residuo que non se enumere na lista de recursos admisibles e que sexa facilmente identificable. 3.- Os residuos deben estar perfectamente separados nunca mesturados. ART. 6º - USUARIOS DO PUNTO LIMPO 1.- Son usuarios do Punto Limpo tódolos veciños do Concello de O Pino, que queiran depositar os seus residuos domiciliarios de xeito selectivo, de conformidade co establecido no artigo anterior. O Punto Limpo é un servizo deseñado para asimilar residuos procedentes de particulares, non residuos industriais. 2.- O Punto Limpo estará a disposición daqueles cidadáns que aporten volumes de residuos que non superen os valores prefixados. 3.- Queda terminantemente prohibido fumar nas instalacións do Punto Limpo. ART. 7º - FUNCIONAMENTO E XESTIÓN. A) Antes de proceder ao depósito do residuo ou residuos, cada usuario deberá declarar no posto de control o contido do que quere entregar, co fin de realizar un control de orientación de verquido. O operario do centro tendo en conta a carga declarada e lista de residuos admisibles indicará a súa aceptación ou rexeitamento. Os usuarios do Punto Limpo deberán seguir as indicacións do operario do centro. B) No Punto Limpo só se poden depositar os residuos mencionados no art. 5. C) Para que o servizo que se presta no Punto Limpo sexa o correcto é necesario que os usuarios aporten os residuos previamente separados e os depositen nos contenedores específicos para cada un deles. D) Os transportistas que realicen os portes dos residuos deberán seguir as indicacións do operario do centro que supervisará as súas labores e recibirá un certificado de que realizaron a recollida dos diferentes residuos e que teñen licencia para realizar este traballo. E) O encargado do Punto Limpo supervisará as operacións de depósito dos residuos para comprobar que se depositan de xeito acertado e non se atopan mesturados con residuos tóxicos e perigosos. Tamén efectuarase unha inspección sistemática e visual en tódos aqueles colectores de residuos líquidos. ART. 8º - REXISTRO 1.- O Concello de O Pino, creará un rexistro de entrada no Punto Limpo. Tódalas operacións de depósito de residuos no Punto Limpo serán rexistradas obrigatoriamente. 2.- Deberanse cumprimentar os datos persoais do usuario que deberá presentar o DNI, os datos referentes ao residuo entregado e o operario do Punto Limpo asinará cada ficha de recollida. 3.- Tódolos datos quedan, en todo caso, sometidos ás normas xerais de protección de datos de carácter persoal, sen que os mesmos podan ser empregados para outros fines que non sexan os propios do servizo. ART. 9º - HORARIO E OUTRAS CONDICIÓNS DO PUNTO LIMPO 1.- O Punto Limpo cubrirá un servizo de recollida conforme a un horario prefixado que se porá en coñecemento de tódolos usuarios polos medios oportunos. 2.- O Concello de O Pino, poderá, no seu caso, establecer mediante a correspondente ordenanza o pago dunha taxa pola utilización do Punto Limpo. ART. 10º - DESTINO FINAL DOS RESIDUOS O destino final dos residuos admitidos no Punto Limpo será xestionado polo Concello segundo indique a lexislación vixente e do xeito máis acertado, dependendo da natureza dos residuos. O destino final dos residuos poderá ser modificado polo Concello sempre que con iso se melloren as condicións de reciclaxe ou tratamento dos mesmos. O Concello poderá autorizar discrecionalmente a retirada de material do Punto Limpo, sometendo a autorización ás condicións que estime oportuno. O Concello non garante a seguridade nin salubridade do producto retirado así como a súa idoneidade para o uso desexado, eximíndose por elo de calquera responsabilidade que puidera xerarse. Os residuos tóxicos e perigosos cederanse a un xestor autorizado previo documento de aceptación dos mesmos. O transporte de residuos tóxicos e perigosos realizarase por un transportista autorizado e inscrito no Rexistro de Transportistas de residuos perigosos. ART. 11º - DE PROTECCIÓN DO PUNTO LIMPO O uso indebido das instalacións, os actos que causen danos ás infraestructuras, mobiliario e instalacións e o abandono de residuos na entrada do Punto Limpo sancionarase de acordo coa lexislación vixente. DISPOSICIÓN ADICIONAL.- A promulgación futura de normas con rango superior a este regulamento, que afecten as materias reguladas no mesmo, determinará a aplicación automática daquelas e a posterior adaptación do regulamento no que fose necesario. DISPOSICIÓN FINAL.- O presente regulamento entrará en vigor a partir da publicación do texto íntegro no BOP e logo de transcorrido o prazo previsto no art. 65.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, permañecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa. ANEXO: Residuos e cantidades máximas de recollida no Punto Limpo Nos residuos que se especifican no cadro a cantidade de residuos que se poden depostitar está limitada segundo se establece de seguido: * Tipo de residuo máximo - Electrodoméstico - 6 cada clase/ano/domicilio. - Colchóns - 4 por ano e domicilio. - Escombros de pequenas reparacións no fogar - 150kg/mes/domicilio". - Neumáticos - 10/vivenda/ano". O Pino, 9 de abril de 2007 O ALCALDE D. Manuel Taboada Vigo
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Clasificación
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Sen datos dispoñibles
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles