BOP Lugo, 06-06-2022, Núm. 128, Páx. 4
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Rango legal
Ordenanzas e edictos
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios da axuda ou subvención as persoas físicas que leven a cabo a conservación, rehabilitación, ampliación ou construción dunha vivenda, así como as persoas físicas que leven a cabo obras de eliminación de impactos paisaxísticos e que cumpran as condicións esixidas nesta ordenanza.
Obxecto
É obxecto desta ordenanza municipal a regulación das axudas económicas establecidas polo concello para a conservación, rehabilitación, ampliación de edificacións existentes e fomento da construción de obra nova para usos residenciais nas modalidades de: vivenda unifamiliar, vivenda de arrendamento e vivenda turística, no termo municipal de Bóveda, co obxectivo final da mellora ambiental e do patrimonio inmobiliario, contribución á reactivación económica do concello e fixación da poboación.
Tamén constitúe como obxecto desta axuda a eliminación de impactos paisaxísticos non acordes co ambiente, aínda que estes non se materialicen en edificios de uso residencial.
Tamén constitúe como obxecto desta axuda a eliminación de impactos paisaxísticos non acordes co ambiente, aínda que estes non se materialicen en edificios de uso residencial.
Prazo
Consultar II. Presentación de solicitudes
