Anuncio do 31 de maio de 2007 polo que se lle dá publicidade á convocatoria da Sección Galega dos Premios Europeos de Medio Ambiente.

Diario Oficial de Galicia, 22-06-2007, Núm. 120, Páx. 10910
Anuncio do 31 de maio de 2007 polo que se lle dá publicidade á convocatoria da Sección Galega dos Premios Europeos de Medio Ambiente. Os Premios Europeos de Medio Ambiente á empresa, convocados pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, teñen como obxectivo recoñecer publicamente aquelas organizacións que coa súa actuación contribuísen ao cumprimento dos principios do desenvolvemento sustentable e cuxos esforzos poidan supoñer un exemplo para outras. Estes premios son organizados e coordinados en España pola Fundación Entorno. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible desenvolve funcións de apoio e seguimento da implementación de instrumentos de sustentabilidad nas empresas galegas, por iso, constituiu nesta edición 2007-2008 dos Premios Europeos de Medio Ambiente, unha Sección Galega, mediante un convenio de colaboración coa Fundación Entorno. Deste xeito, as empresas galegas interesadas participarán na Sección Galega podendo optar aos galardóns galegos e dará dereito tamén á participación europea a través da Sección Española. As empresas galegas interesadas en participar deberán dirixir as súas candidaturas á Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible para o seu trámite a optar á Sección Galega, á Española e á Europea. Os fundamentos, as bases e os formularios destes premios atópanse na páxina web da Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no enderezo: http://empresasostible.xunta.es. Aquelas empresas interesadas en participar, seguindo os criterios das bases dos premios citadas, poderán ser asesoradas tecnicamente na formulación da súa candidatura pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, ben a través do número de teléfono: 981 95 72 37 ou solicitándoo por escrito a esta dirección xeral. Santiago de Compostela, 31 de maio de 2007. Emilio Manuel Fernández Suárez Director xeral de Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
A31052007.pdf Galego
A31052007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles