Anuncio do 15 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para as instalacións dunha fábrica de cerámica para a construción, no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), promovida por Cerámica Xunqueira, S.A. (Clave 2006/0067 NAA/IPPC).

Diario Oficial de Galicia, 04-12-2006, Núm. 233, Páx. 17789
Anuncio do 15 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para as instalacións dunha fábrica de cerámica para a construción, no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), promovida por Cerámica Xunqueira, S.A. (Clave 2006/0067 NAA/IPPC). Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, de 2 de xullo), e no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (BOE nº 292, do 7 de decembro), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles (contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio), quedará exposta en horas de atención ao público, a documentación correspondente á solicitude da autorización ambiental integrada para as instalacións da fábrica referida no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes. A documentación a expoñer será: * Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das súas instalación situadas en Veigachá. Xunqueira de Espadanedo. Ourense. Setembro 2006. * Documento resumo. Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das súas instalacións situadas en Veigachá. Xunqueira de Espadanedo. Ourense. Setembro 2006. * Proxecto para instalación dunha fábrica de cerámica para construción. Xullo 1998. * Proxecto de instalación dunha planta de coxeración en Cerámica Xunqueira, S.A. Xullo 1998. Para isto, poranse á disposición dos administrados exemplares da devandita documentación nas seguintes dependencias: * Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela-A Coruña). * Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Paseo, 18. 32003 Ourense). * Concello de Xunqueira de Espadanedo (praza dos Amigos, s/n, 32730 Xunqueira de Espadanedo. Ourense). Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2006. Joaquín Lucas Buergo del Río Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ANEXO Memoria resumo Clave: 2006/0067-NAA/IPPC. Peticionario: Cerámica Xunqueira, S.A. Domicilio social: Veigachá, s/n. 32708 Xunqueira de Espadanedo. Ourense. Localización das instalacións: Veigachá, s/n. 32708 Xunqueira de Espadanedo. Ourense. Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas U.T.M. X: 612.080, Y: 4.683.811. Actividade: fabricación de cerámica para a construción (ladrillos e outros produtos cerámicos). Descrición do proceso: unha vez que a arxila é extraída na canteira e transportada ata as instalacións da fábrica, o proceso de elaboración de produtos cerámicos consta das seguintes etapas: almacenamento de arxilas, preparación mecánica, mestura e amasadura, extrusionado, cortadura, secado, cocción e envasado. A capacidade produtiva da instalación é de 81.000 t/ano, sendo o seu grao de utilización medio de 53.000 t/ano.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
A15112006.PDF Galego
A15112006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles