R-1 Produción anual de residuos de competencia municipal

No ano 2023, xeráronse en Galicia 1.102.407 toneladas de residuos de competencia municipal, o equivalente a 1,120 quilogramos por habitante e día (habitantes de Galicia en 2023: 2.696.177). Esta cifra total supón un decrecemento do 1,20 % con respecto ao xerado no ano 2022.

A xeración de residuos de competencia municipal en Galicia, no período 2002-2023 recóllese na seguinte táboa, xunto coas ratios por habitante e día correspondentes e a súa variación anual e total no período escollido.

Xeración de residuos de competencia municipal e a súa variación

AnoXeración absoluta (T)Incremento anual absoluto (%)Xeración ratio (kg/habit/día)Incremento anual por habitante (%)
20021.027.4216,71,036,55
20031.089.2066,011,095,48
20041.062.616-2,441,06-2,44
20051.093.6852,921,092,65
20061.222.28711,761,2111,54
20071.240.8101,521,231,33
20081.238.736-0,171,22-0,58
20091.241.1480,191,22-0,23
20101.185.594-4,481,16-4,52
20111.147.451-3,221,13-3,1
20121.098.888-4,231,08-3,82
20131.061.896-3,371,05-2,79
20141.084.0182,081,082,72
20151.087.4720,321,090,92
20161.108.3891,921,122,44
20171.115.0430,61,130,98
20181.126.7401,051,141,33
20191.131.0530,381,150,44
20201.121.332-0,861,14-0,95
20211.125.4980,371,140,6
20221.115.765-0,861,14-0,67
20231.102.407-1,21,12-1,41
Variación período 2002 - 202374.9867,30,098,97

Fonte: Seguimento do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

A continuación represéntase a evolución da xeración absoluta de residuos de competencia municipal desde o ano 2002 ata o 2023.

Xeración absoluta de residuos de competencia municipal 

R-1 Produción anual de residuos de competencia municipal1

Fonte: Dirección Xeral de Calidade Ambienta e Sostibilidade. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

A evolución da xeración de residuos de competencia municipal por habitante e día amósase na seguinte gráfica:

Xeración de residuos de competencia municipal por habitante e día 

R-1 Produción anual de residuos de competencia municipal2

Fonte: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Valoracións Finais

Indicador

R-1 Produción anual de residuos de competencia municipal

Obxectivo

Desacelerar e, na medida do posible, inverter a tendencia de incremento na taxa de xeración de residuos de competencia municipal por habitante e día.

Tendencia

No ano 2023 respecto do ano 2022, rexistrouse un descenso do 1,41 % na xeración por habitante de residuos de competencia municipal pasando de xerar 1,136 kg/habitante/día no ano 2022 a xerar 1,120 kg/habitante/día no ano 2023 o que indica unha lixeira mellora deste ratio volvendo aos valores do ano 2017

No período 2002-2023, a taxa de xeración de residuos de competencia municipal por habitante e día oscila lixeiramente entre o mínimo, 1,028 kg/habitante/día no 2002, e o máximo, 1,226 kg/habitante/día rexistrado no 2007. O valor alcanzado no ano 2023 atópase lixeiramente por debaixo da media da xeración deste período.

Mostrar Ficha

R-1 - Produción anual de residuos de competencia municipal

Definición

Produción anual de residuos de competencia municipal de xeito global e por habitante.

Área temática / Tema / Sector

Residuos.

Relevancia ambiental

Coñecer a cantidade de residuos de competencia municipal xerados na nosa Comunidade e o ratio per cápita.

Periodicidade

Anual

Series temporais

2002-2023

Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador

Unidade que fai a proposta.

Metodoloxía para o cálculo do indicador

Entrada dos residuos en plantas de tratamento e datos de recollida aportados polos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP).

Unidade de medida

Toneladas

Mostra as tendencias no tempo

Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais

Desacelerar a tendencia do incremento das taxas de xeración por habitante.

Claves para a interpretación

A desaceleración da xeración dos residuos de competencia municipal debe entenderse coma un indicador ambiental de primeira orde ao reflectir a integración das políticas de residuos nos cidadáns. Téñase en conta que a redución dos residuos está na primeira orde na estratexia europea da xestión dos residuos.

Tipoloxía

Presión/Resposta.

Data de actualización dos datos

Xuño 2024

Observacións

Na categoría de residuos domésticos inclúense os residuos xerados nos fogares como consecuencia das actividades domésticas. Considéranse tamén residuos domésticos os similares aos anteriores xerados en servizos e industrias.

Terán tamén a consideración de residuos domésticos:

  • Os residuos que se xeran nos fogares de aparellos eléctricos e electrónicos, roupa, pilas, acumuladores, mobles e utensilios , así como os residuos e entullos procedentes de obras menores de construción e reparación domiciliaria.
  • Os residuos procedentes da limpeza de vías públicas, zonas verdes, áreas recreativas e praias, os animais domésticos mortos e os vehículos abandonados.

Consideraranse residuos comerciais os residuos xerados pola actividade propia do comercio, ao por maior e ao por menor, dos servizos de restauración e bares, das oficinas e dos mercados, así como do resto do sector servizos. Estes residuos están incluídos no PXRUG.