NBI-2 Número de taxons de vertebrados e flora vascular incluídos no Catálogo galego de especies ameazadas

O indicador "Número de taxons de vertebrados e flora vascular incluídos no Catálogo galego de especies ameazadas" utiliza como fonte de datos o estado de conservación das especies, avaliado segundo o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, regulado no Decreto 88/2007, e amosa a presión á que están sometidas as especies máis sensibles da flora e fauna galega.

A última incorporación dunha especie no Catálogo galego de especies ameazadas foi no 2014 mediante a Orde do 6 de maio de 2014, pola que se inclúe a especie Cheilanthes guanchica C. Bolle no Catálogo galego de especies ameazadas, na categoría en perigo de extinción.

Número de taxons

CategoríaFlora vascularVertebradosAmbos os gruposTotal catalogo
En perigo42175975
Vulnerable355388126
Total7770147201

Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Número de especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas 

NBI-2 Número de taxons de vertebrados e flora vascular incluídos no Catálogo galego de especies ameazadas1

Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Taxons para os que se posúe un plan de conservación ou recuperación vixente: ata o ano 2013 só estaba vixente o plan de recuperación do oso pardo (Ursus arctos L.), aprobado polo Decreto 149/92, do 5 de xuño). No 2013 aprobáronse os plans de recuperación do sapoconcho (Emys orbicularis L.) (Decreto 70/2013, do 25 de abril) e da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.subsp. lusitanica Steinbacher) (Decreto 75/2013, do 10 de maio).

Ademais, a primeiros de 2014, aprobouse o plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) mediante o Decreto 9/2014, do 23 de xaneiro.

Taxons con plan vixente

CategoríaTotal catálogoPlans aprobadosPorcentaxe taxons con plan
En perigo7534
Vulnerable12610,79

Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Valoracións Finais

Indicador

NBI-2 Número de taxons de vertebrados e flora vascular incluídos no Catálogo galego de especies ameazadas

Obxectivo

Que o 100% das especies ameazadas conten cun Plan de recuperación ou conservación, e posteriormente reducir a cero o número de especies ameazadas.

Tendencia

Estes valores deben de tomarse coma un valor de referencia de cara a realizar no futuro o seguimento do grao de ameaza das nosas especies, xa que non temos unha referencia anterior coa que relacionar os datos. Serven, sen embargo, para poñer atención no considerable número de especies que se atopan ameazadas na nosa comunidade autónoma e que requiren de medidas de xestión para a súa conservación.

Mostrar Ficha

NBI-2 - Número de taxons de vertebrados e flora vascular incluídos no Catálogo galego de especies ameazadas

Definición

Número de especies, ou variedades das mesmas (1), de vertebrados e de plantas vasculares catalogadas en perigo de extinción e vulnerables no Catálogo galego de especies ameazadas, así como aquelas que posúen plans de conservación e recuperación aprobados.

(1) Subespecies, así como poboacións con características xenéticas particulares por ter limitado o intercambio xenético ou demográfico con outros grupos ou estar separado xeográficamente ou por outro factor.

Área temática / Tema / Sector

Natureza e Biodiversidade

Relevancia ambiental

A conservación de especies baséase na actualidade en boa medida na preservación do seu hábitat, tarefa que desempeñan as figuras de protección de espazos tales como os incluídos na Rede Natura 2000 ou os parques naturais, entre outras. A conservación de espazos é, a miúdo, insuficiente tendo en conta os requisitos particulares de cada unha das especies e a complexidade das súas relacións co medio, dependentes de procesos ecolóxicos complexos e microhábitats moi específicos, ou por presentar ámbitos vitais amplos que exceden dos límites de espazos protexidos.

No ano 2007 apróbase na nosa Comunidade Autónoma o decreto que regula o Catálogo galego de especies ameazadas. O dito decreto pretende dar resposta á preocupación cada vez maior pola situación da nosa fauna e flora e constitúe o instrumento xurídico que sirve de marco para o desenvolvemento, por parte da administración, das liñas de acción dirixidas á conservación destes taxons ameazados, os cales requiren de medidas específicas e excepcionais de protección e de conservación en Galicia.

A liña de actuación en conservación de especies ameazadas pretende definir que especies se atopan nunha situación de declive no noso territorio, o que no seu caso leva a súa inclusión nunha categoría de ameaza do Catálogo galego de especies ameazadas e á realización dun diagnóstico do estado de conservación destas especies que permita coñecer cales son as causas deste declive. A realización dos estudos bases dos plans de conservación permitirá determinar cales son as medidas de xestión sobre a especie e o seu medio que se pretenden conservar. Ditas medidas implántanse mediante a aprobación dos plans de conservación.

Periodicidade

Anual

Series temporais

Ano 2023

Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador

Contabilización dos taxons recollidos nos anexos I e II do Catálogo galego de especies ameazadas regulado polo Decreto 88/2007, do 19 de abril, así como en posteriores actualizacións. Contabilización dos plans de recuperación e de conservación de especies ameazadas aprobados en desenvolvemento do mencionado decreto. O Catálogo galego de especies ameazadas é un rexistro público de carácter administrativo dependente da dirección xeral competente en materia de conservación da natureza, no que se inclúen aquelas especies, subespecies ou poboacións pertencentes á flora e fauna silvestre que, atopándose ameazadas, requiran de protección específica.

Metodoloxía para o cálculo do indicador

Contabilización de datos pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Unidade de medida

Número de taxons da flora vascular incluídos no Catálogo galego de especies ameazadas. Número de taxons de vertebrados incluídos no Catálogo galego de especies ameazadas. Porcentaxe dos anteriores con plans de conservación, para especies catalogadas

Mostra as tendencias no tempo

Non

Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais

O obxectivo final é que o 100% das especies ameazadas conten cun plan de recuperación ou conservación aprobado, e posteriormente que o número de especies ameazadas sexa cero.

Claves para a interpretación

O número de taxons considerados nalgunha das categorías de ameaza do Catálogo galego de especies ameazadas supón un indicador directo do risco de perda da nosa biodiversidade, así como do estado dos ecosistemas e o do seu nivel de conservación.

A aprobación de plans de recuperación para as especies catalogadas "en perigo de extinción", e de conservación para as catalogadas "vulnerables", aporta información da resposta desenvolvida dende a Administración para poñer freo a este proceso de perda de biodiversidade baseándose nun diagnóstico das causas de declive destas especies.

Tipoloxía

Presión

Data de actualización dos datos

Xullo 2024

Observacións

Sen modificacións desde o ano 2014.