NBI-1 Especies invasoras vs. especies autóctonas (peixes continentais, vertebrados terrestres e plantas vasculares)

O número de especies autóctonas, naturalizadas e invasoras referidas á flora vascular, peixes continentais e vertebrados terrestres en Galicia, preséntase na seguinte táboa:

 Especies autóctonasEspecies alóxenas naturalizadasEspecies exóticas invasoras
Flora Vascular2.100301155
Peixes continentais11126
Vertebrados terrestres288115
Total2.399324166

Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Plantas vasculares: en Galicia hai 4 especies de ximnospermas e aproximadamente 2100 especies de anxiospermas (nos cálculos consideráronse 2100 como o número total de especies de plantas vasculares autóctonas). Téñense citado 301 especies alóxenas naturalizadas de plantas vasculares, das que 155 especies presentan ademais comportamento invasor.

Peixes continentais: en Galicia existen 11 especies autóctonas de peixes continentais, e están citadas como exóticas un total de 12 especies, das que 6 teñen (potencialmente, como mínimo) ademais comportamento invasor.

En 2019 detectouse por primeira vez en Galicia a presenza de rutilo (Rutilus rutilus) nos embalses de Salas, Conchas e Lindoso.

Vertebrados terrestres: na Comunidade Autónoma existen 15 especies de anfibios, 24 de réptiles, 179 de aves reprodutoras e 70 de mamíferos, o que suma un total de 288 especies de vertebrados terrestres. Como taxons alóxenos naturalizados aparecen en Galicia 2 especies de réptiles, 7 especies de aves reprodutoras e 2 de mamíferos, o que suma un total de 11 especies naturalizadas. Ademais, están citadas como exóticas invasoras unha especie de réptil, unha especie de ave e tres especies de mamíferos (como consecuencia da declaración do porco vietnamita como especie exótica invasora), para un total de 5 especies invasoras.

O número de especies autóctonas, alóxenas naturalizadas e invasoras, segundo o grupo taxonómico, reflíctese na seguinte gráfica:

En canto á relación especies naturalizadas/especies autóctonas, o grupo dos peixes continentais é o que presenta maior ratio, ao ter un maior número de especies naturalizadas que autóctonas.

Respecto da relación especies alóxenas invasoras/especies autóctonas, o ratio total mantense en 0,07, como en 2011, aínda que no ano 2014 detectouse unha nova especie invasora dentro do grupo de Flora vascular (Alternanthera philoxeroides (Mart.) Griseb) e no 2019 declarouse como especie invasora dentro do grupo de Vertebrados terrestres ao porco vietnamita e, no grupo de Peixes continentais, o Rutilo.

Os peixes continentais son o grupo taxonómico que máis especies invasoras aporta ao conxunto (0,55), seguido da flora vascular e, por último, dos vertebrados terrestres, que aportan un número de especies invasoras moi inferior ao resto (0,02).

A continuación móstrase a relación cuantitativa existente entre as especies alóxenas (naturalizadas e invasoras) e as especies autóctonas:

 Especies naturalizadas/autóctonasEspecies invasoras/autóctonas
Flora Vascular0,140,07
Peixes continentais1,090,55
Vertebrados terrestres0,040,02
Total0,130,07

Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambente, Territorio e Vivenda.

Valoracións Finais

Indicador

NBI-1 Especies invasoras vs. especies autóctonas (peixes continentais, vertebrados terrestres e plantas vasculares)

Obxectivo

Manter ou reducir o ratio de especies alóxenas invasoras/especies autóctonas e especies alóxenas naturalizadas/especies autóctonas.

Tendencia

Sen cambios desde 2019.
 

Mostrar Ficha

NBI-1 - Especies invasoras vs. especies autóctonas (peixes continentais, vertebrados terrestres e plantas vasculares)

Definición

Relación entre o número de especies alóctonas naturalizadas e o total de especies autóctonas existentes no territorio e relación entre o número de especies alóctonas invasoras e o total de especies autóctonas existentes no territorio.

Definimos a clasificación das especies da seguinte forma:

-Especie autóctona: especie que se encontra dentro do seu rango natural de distribución (histórica ou actual).

-Especie alóctona naturalizada: especie que se encontra fora da súa área de distribución orixinal (histórica ou actual) debido á acción activa ou pasiva do home, e que mantén poboacións reprodutoras no medio natural ou seminatural.

-Especie alóctona invasora: aquela especie alóctona naturalizada que se establece nun ecosistema ou hábitat natural ou seminatural, e constitúe un axente que induce cambios e ameaza á biodiversidade nativa.

Área temática / Tema / Sector

Natureza e Biodiversidade

Relevancia ambiental

As especies alóctonas invasoras ameazan coa homoxeneización da biota, xa que o seu efecto negativo se ten multiplicado perigosamente nos últimos anos en paralelo aos procesos de globalización, debido ao incremento do comercio internacional, o transporte e das viaxes turísticas intercontinentais, que constitúen as principais canles de introdución destas especies.

Este indicador reflicte a tendencia da presión sobre a biodiversidade a partir da relación cuantitativa existente entre especies alóctonas (naturalizadas e invasoras) e as especies autóctonas.

Considéranse flora vascular, vertebrados terrestres e peixes continentais por ser os grupos mellor coñecidos sobre os que se pode ter datos fiables de número de especies.

Periodicidade

Anual

Series temporais

Ano 2023

Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador

Recollida e tratamento de datos de inventarios, estudos de campo, herbarios, etc.

Metodoloxía para o cálculo do indicador

Tratamento de datos estatísticos .

Unidade de medida

Nº spp alóctonas naturalizadas /Nº spp autóctonas (flora vascular). Nº spp alóctonas invasoras /Nº spp autóctonas (flora vascular). Nº spp alóctonas naturalizadas /Nº spp autóctonas (peixes continentais). Nº spp alóctonas invasoras /Nº spp autóctonas (peixes continentais). Nº spp alóctonas naturalizadas /Nº spp autóctonas (vertebrados terrestres). Nº spp alóctonas invasoras /Nº spp autóctonas (vertebrados terrestres).

Mostra as tendencias no tempo

Non

Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais

Que non se incrementen os valores actuais, polo que os valores do ano 2007 servirán de referencia. Con isto verificarase o obxectivo de minimizar a naturalización de novas especies alóctonas e o establecemento de novas especies invasoras.

Claves para a interpretación

A prevención debe ser unha ferramenta eficaz fronte a introducións non intencionadas de especies alóctonas. Un patrón común ao conxunto das recomendacións e estratexias existentes sobre a xestión de especies alóctonas invasoras é que os programas de mitigación dunha especie (erradicación, contención e control) son o resultado do fracaso dos mecanismos de prevención da súa chegada e da adecuación das políticas de xestión ao problema das especies invasoras.

Neste sentido, a relación das especies alóctonas naturalizadas fronte a autóctonas indícanos a permeabilidade do territorio ao establecemento de especies que poden ter un comportamento invasor, mentres que se consideramos no cociente ás especies alóctonas invasoras, a relación dános unha medida mais directa do impacto sobre a biodiversidade nativa. A evolución do indicador aportará información da eficacia das política de xestión deste problema. Por outra banda, os valores actuais, especialmente os de especies alóctonas invasoras versus autóctonas dannos unha idea da presión actual deste problema na nosa biodiversidade.

Tipoloxía

Presión

Data de actualización dos datos

Xullo 2024

Observacións

Sen cambios desde o 2019.