A poboación en Galicia, a 1 de xaneiro de 2023, é de 2.699.424 habitantes, dos cales o 71% concéntranse nas áreas urbanas. Tradicionalmente determínase como urbano o conxunto de entidades de poboación con máis de 10.000 habitantes.
Os resultados para a densidade do feito urbano (relación entre a poboación que vive en núcleos de máis de 10.000 habitantes coa superficie, neste caso da Comunidade Autónoma de Galicia) no ano 2023 e as súas variacións con respecto aos anos 2001 e 2022, amósanse na seguinte táboa:
Densidade de feito urbano
| Densidade feito urbano 2023 (habitantes/km2) | Variación 2001/2023 (porcentaxe) | Variación 2022/2023 (porcentaxe) | |
| Galicia | 64,3 | 5,2 | -0,1 |
| España | 75,6 | 21,7 | 1,4 |
Fonte: Elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a partir de datos do INE.
No ano 2023 a densidade de feito urbano foi de 64,3 habitantes/km2, un 0,1% menor que no ano 2022.
Se nos fixamos na variación durante o período 2001-2023, obsérvase que a poboación galega que vive en núcleos con máis de 10.000 habitantes (feito urbano) aumentou un 5,2%; este dato dispárase ata un 21% no caso de España, o que indica un menor aumento da presión urbana no territorio galego ca no español para este período.
Evolución da densidade do feito urbano Galicia-España

Fonte: Elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a partir de datos do INE
A pesares do incremento fronte ao 2001, Galicia segue a estar moi afastada das comunidades autónomas que presentan os maiores valores para este indicador (Comunidade de Madrid, Canarias, País Vasco, etc).
No 2023 contabilizáronse dez comunidades e as dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla) cun valor de densidade do feito urbano superior ao galego.
Densidade do feito urbano nas Comunidades Autónomas – 2023

Fonte: Elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a partir de datos do INE
Por provincias, Pontevedra e A Coruña son as que presentan unha densidade do feito urbano máis acusada e moi por enriba do termo medio de Galicia.
Lugo e Ourense, pola contra, contan cuns valores relativamente baixos.
Con respecto ao ano anterior hai pequenas variacións, como se pode observar na seguinte táboa; na provincia de Pontevedra houbo un lixeiro descenso dun 1,1% e, nas restantes provincias, un pequeno ascenso.
Respecto ás variacións co ano 2001, Lugo foi a provincia que experimentou un maior aumento (10,5%) pero aínda así é a provincia coa densidade de feito urbano menor de Galicia.
Densidade do feito urbano por provincia
| Densidade feito urbano 2023 (habitantes/km2) | Variación 2001/2023 (porcentaxe) | Variación 2022/2023 (porcentaxe) | |
| A Coruña | 100,2 | 2,1 | 0,6 |
| Lugo | 17,1 | 10,5 | 0,7 |
| Ourense | 21,5 | 5,7 | 0,3 |
| Pontevedra | 173,8 | 7,2 | -1,1 |
Fonte: Elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a partir de datos do INE
Valoracións Finais
Indicador
MU-1 Presión urbana no territorio
Obxectivo
Acadar un equilibrio sostible na ordenación do territorio.
Tendencia
No 2023, a densidade do feito urbano de Galicia é de 64,3 habit./km2, o que supón unha diminución dun 0,1% respecto ao ano anterior, pero un aumento do 5,2% respecto ao ano 2001. Tendo en conta estes datos, Galicia segue a presentar unha presión urbana menor cá de España e 10 comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Por provincias, Pontevedra e A Coruña presentan un valor de presión urbana moi por enriba da media galega e española. As provincias de Lugo e Ourense permanecen cunha baixa presión urbana no seu territorio.
- Mostrar Ficha
Definición
O indicador relaciona o número de habitantes que viven en núcleos de poboación de máis de 10.000 habitantes coa superficie da Comunidade Autónoma de Galicia. Enténdese por "feito urbano" nunha superficie determinada, ao total da poboación que vive en núcleos de máis de 10.000 habitantes.
Área temática / Tema / Sector
Medio urbano.
Relevancia ambiental
A presión que exerce o fenómeno urbano nun territorio está ligada á presión demográfica que mide este indicador, xunto con outros indicadores como o consumo de auga, a produción de residuos, etc. Polo tanto, a presión demográfica (especialmente a do medio considerado como "urbano") ten gran relevancia para a análise e seguimento dos factores ambientais vinculados ao desenvolvemento urbanístico e á ordenación do territorio.
Periodicidade
Anual
Series temporais
2001-2023
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
Unidade que fai a proposta.
Metodoloxía para o cálculo do indicador
En relación coa gráfica comparativa de Comunidades Autónomas con España, se calcula a densidade de feito urbano como o cociente entre a poboación total de núcleos de máis de 10.000 habitantes e a superficie de España e Comunidades Autónomas.
En relación á gráfica representativa de provincias de Galicia o cálculo faise dividindo a poboación dos núcleos de máis de 10.000 habitantes entre a superficie da provincia correspondente.
Unidade de medida
Número de habitantes por unidade de superficie (habitantes/km2).
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
Acadar un equilibrio sostible na ordenación do territorio
Tipoloxía
Indicador de presión.
Data de actualización dos datos
Xaneiro 2024
Observacións
- Variables: Número de habitantes en núcleos de máis de 10.000 habitantes e superficie do territorio.
- Unidades: Habitantes por quilómetro cadrado (habitantes/km2)
- Fontes: Instituto Nacional de Estatística (INE).
