A Directiva (UE) 2023/1791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de setembro de 2023, relativa á eficiencia enerxética e pola que se modifica o Regulamento (UE) 2023/955 (versión refundida), establece un marco común de medidas co fin de garantir a consecución dos obxectivos principais en materia de eficiencia enerxética dentro da Unión Europea, que consisten nun aumento da eficiencia enerxética de, polo menos, o 11,7 % en 2030 en comparación co grao de esforzos da hipótese de referencia da UE do ano 2020.
A nova forma de expresar o nivel de ambición dos obxectivos da Unión non afecta o grao real de esforzos que resulta necesario e corresponde a unha redución do 40,5 % no caso do consumo de enerxía primaria e do 38 % no caso do consumo de enerxía final, en comparación coas previsións da hipótese de referencia da UE de 2007 para 2030.
A Directiva (UE) 2023/1791 contribúe á aplicación do principio “primeiro, a eficiencia enerxética”
O documento European Energy and Transport, Trends to 2030 - Update 2007, mostra o escenario tendencial da UE-27 respecto ao consumo de enerxía primaria e enerxía final nos anos 2020, 2025 e 2030 en ausencia de políticas activas de aforro e eficiencia enerxética. Pódense observar os datos correspondentes a España nesta táboa:

Na seguinte gráfica pódese observar a evolución do consumo de enerxía primaria en Galicia. Para estimar o escenario tendencial segundo o modelo PRIMES ref. 2007 para Galicia, suponse o mesmo que para España, descontando os usos non enerxéticos.

A liña de cor vermella representa o escenario tendencial de consumo de enerxía primaria para Galicia (11.621 ktep no ano 2030), calculado proporcionalmente ao escenario tendencial para España.
A liña de cor verde indica o obxectivo que se debe acadar segundo a Directiva 2009/28/CE no ano 2020, cun aforro do 20% sobre o consumo de enerxía primaria do escenario tendencial (de 11.632 ktep que se consumirían no ano 2020 sen políticas de aforro e eficiencia enerxética, hai que aforrar como mínimo un 20%, polo que o consumo de enerxía primaria no ano 2020 non pode superar os 9.306 ktep). No ano 2020 o aforro en Galicia foi do 49,6% respecto ao escenario tendencial segundo modelo PRIMES ref. 2007.
A liña de cor azul indica o obxectivo que se debe acadar segundo a Directiva (UE) 2023/1791 no ano 2030, cun aforro do 40,5% sobre o consumo de enerxía primaria do escenario tendencial co modelo PRIMES ref. 2007 (de 11.621 ktep que se consumirían no ano 2030 sen políticas de aforro e eficiencia enerxética, hai que aforrar como mínimo un 40,5%, polo que o consumo de enerxía primaria no ano 2030 non pode superar os 6.914 ktep). No ano 2022 o aforro en Galicia foi do 45,5% respecto ao escenario tendencial segundo modelo PRIMES ref. 2007.
Galicia márcase como obxectivo na Axenda Enerxética de Galicia 2030 un aforro do 48,8%, superior ao obxectivo tanto de España como da UE.
Valoracións Finais
Indicador
E-5 Porcentaxe de aforro enerxético
Obxectivo
A Directiva (UE) 2023/1791 marca como obxectivo de eficiencia enerxética, para o ano 2030, un aforro do 40,5% sobre o consumo de enerxía primaria do escenario tendencial segundo modelo PRIMES ref. 2007. No ano 2022 o aforro de enerxía primaria en Galicia foi do 45,5% respecto ao escenario tendencial segundo modelo PRIMES ref. 2007.
O obxectivo da Axenda Enerxética de Galicia 2030 é acadar un aforro de enerxía primaria do 48,8% no ano 2030.
Tendencia
En Galicia o aforro enerxético, a partir do ano 2009, é maior ao obxectivo de aforro marcado pola UE e por España respecto ao escenario tendencial segundo modelo PRIMES ref. 2007 (11.632 ktep para o ano 2020 e 11.621 ktep para o ano 2030).
- Mostrar Ficha
E-5 - Porcentaxe de aforro enerxético
Definición
Aforro no consumo de enerxía primaria respecto ao consumo en ausencia de políticas activas de aforro e eficiencia enerxética, estimado no documento European Energy and Transport, Trends to 2030 - Update 2007
Área temática / Tema / Sector
Sector enerxético. Refinería, plantas regasificadoras de gas, importacións e exportacións de cru, produtos petrolíferos, carbón, gas natural e biocombustibles, xeración das centrais hidráulicas, eólicas e paneis solares. Centrais e caldeiras alimentadas con biomasa, biogás e residuos renovables e non renovables, outras renovables para uso térmico.
Relevancia ambiental
Canto maior sexa a porcentaxe de aforro enerxético, maior será a eficiencia enerxética, menos enerxía importará Galicia doutros combustibles máis contaminantes e menor será a dependencia enerxética do exterior.
Periodicidade
Anual
Series temporais
2005-2022
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
Documento European Energy and Transport, Trends to 2030 - Update 2007. Directiva (UE) 2018/2002 do Parlamento Europeo e do Consello do 11 de decembro de 2018 pola que se modifica a Directiva 2012/27/UE relativa á eficiencia enerxética. Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC 2021-2030).
Metodoloxía para o cálculo do indicador
Aforro enerxético (%) = 100*(Eprimaria galega + Enerxía importada - Enerxía exportada) / (Eprimaria Galicia no escenario tendencial segundo modelo PRIMES ref. 2007).
Unidade de medida
Porcentaxe
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
A Directiva (UE) 2023/1791 marca como obxectivo, para o ano 2030, un aforro de enerxía primaria do 40,5% coas previsións da hipótese de referencia da UE de 2007 para 2030. O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC 2021-2030) marca como obxectivo, para o ano 2030, un aforro de enerxía primaria do 39,5%. O obxectivo da Axenda Enerxética de Galicia 2030 é acadar un aforro de enerxía primaria do 48,8% no ano 2030.
Claves para a interpretación
Canto maior sexa o indicador, menor será a enerxía primaria consumida de xeito que diminúen as emisións de gases contaminantes e de efecto invernadoiro.
Tipoloxía
Indicador de estado.
Data de actualización dos datos
Setembro 2024
Observacións
Fontes de enerxía primarias: as que se obteñen directamente da natureza ou ben despois dun proceso de extracción e, polo tanto, deben ser transformadas para seren susceptibles de utilización e consumo.
