O consumo final bruto de electricidade procedente de fontes renovables calcularase como a cantidade de electricidade xerada nun Estado membro a partir de fontes de enerxía renovables, incluída a xeración de electricidade dos autoconsumidores de enerxías renovables e as comunidades de enerxías renovables, e excluída a electricidade xerada en unidades de acumulación por bombeo a partir de auga que se bombeou previamente augas arriba.
Nas instalacións multicombustibles que utilizan fontes renovables e non renovables, soamente terase en conta a parte da electricidade producida a partir de fontes renovables. Para efectuar o cálculo, a contribución de cada fonte enerxética calcularase sobre a base do seu contido enerxético.
A electricidade xerada con enerxía hidráulica, eólica terrestre e eólica mariña, debe ser calculada coas fórmulas de normalización establecidas no Anexo II da Directiva (UE) 2018/2001.
O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC 2021-2030) establece o obxectivo de que a contribución renovable na xeración eléctrica en España sexa do 74% no ano 2030, valor que se obtén dividindo a electricidade renovable subministrada polo sistema entre o total de electricidade xerada. O obxectivo da Axenda Enerxética de Galicia 2030 é do 84,8% para o ano 2030.
No ano 2022, a xeración eléctrica renovable en Galicia foi o 69,6% do total.
Contribución renovable na xeración eléctrica

Fonte: Elaborado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a partir de distintas fontes
En Galicia, o consumo final bruto de electricidade procedente de fontes de enerxía renovables varía moito dunha provincia a outra, tal e como se pode observar na gráfica seguinte:
Consumo final bruto de electricidade procedente de FER por provincia (GWh)

Fonte: Elaborado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a partir de distintas fontes.
Valoracións Finais
Indicador
E-2 Contribución renovable na xeración eléctrica
Obxectivo
Aumentar a contribución da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables na xeración eléctrica
Tendencia
A contribución renovable na xeración eléctrica varía dun ano a outro xa que, dependendo das condicións climatolóxicas, a xeración hidráulica e eólica tamén varía moito.
- Mostrar Ficha
E-2 - Contribución renovable na xeración eléctrica
Definición
Esta porcentaxe calcúlase como a proporción entre a electricidade renovable subministrada polo sistema e o total de electricidade xerada.
A electricidade xerada con enerxía hidráulica, eólica terrestre e eólica mariña, debe ser calculada coas fórmulas de normalización establecidas no Anexo II da Directiva (UE) 2018/2001.
O consumo final bruto de electricidade procedente de fontes renovables calcularase como a cantidade de electricidade xerada nun Estado membro a partir de fontes de enerxía renovables, incluída a xeración de electricidade dos autoconsumidores de enerxías renovables e as comunidades de enerxías renovables, e excluída a electricidade xerada en unidades de acumulación por bombeo a partir de auga que se bombeou previamente augas arriba.
Nas instalacións multicombustibles que utilizan fontes renovables e non renovables, soamente terase en conta a parte da electricidade producida a partir de fontes renovables. Para efectuar o cálculo, a contribución de cada fonte enerxética calcularase sobre a base do seu contido enerxético.
Como fontes de enerxía renovables contabilízanse a hidráulica (excluída a electricidade xerada en unidades de acumulación por bombeo a partir de auga que se bombeou previamente augas arriba), o vento, a solar fotovoltaica, a biomasa, o biogás, a parte biodegradable dos residuos urbanos e outros residuos renovables.Área temática / Tema / Sector
Sector enerxético. Centrais eléctricas. Consumo electricidade en todos os sectores. Movementos de electricidade nas Liñas de Alta Tensión (LAT).
Relevancia ambiental
A intención é que este indicador mostre unha tendencia a utilizar fontes de enerxía renovables, de xeito que diminúan as emisións de gases contaminantes e de efecto invernadoiro.
Periodicidade
Anual
Series temporais
2005-2022
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello de 11 de decembro de 2018 relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables. Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC 2021-2030).
Metodoloxía para o cálculo do indicador
Contribución renovable na xeración eléctrica (%) = 100*consumo final bruto de electricidade procedente de fontes renovables / produción bruta de electricidade.
Unidade de medida
Porcentaxe
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC 2021-2030) establece o obxectivo de que a contribución renovable na xeración eléctrica en España sexa do 74% no ano 2030. O obxectivo da Axenda Enerxética de Galicia 2030 é do 84,8% para o ano 2030.
Claves para a interpretación
Canto maior sexa o indicador, maior será a electricidade xerada por fontes renovables e, polo tanto, menor dependencia enerxética de Galicia do exterior e de fontes contaminantes.
Tipoloxía
Indicador de estado.
Data de actualización dos datos
Setembro 2024
