CCLI-3 Evolución da temperatura media e precipitación.
Mostrar ficha
Temperatura
Na serie de datos avaliados (1961-2023) atópase unha tendencia á alza nas temperaturas medias de Galicia que se pode cuantificar nun incremento de +0,22 ºC por década.
A maior variación nun período de 30 anos produciuse entre os anos 1971 e 2000 e 1972 e 2001, cunha variación de +0.36ºC por década e a mínima variación foi no período 1961 a 1990, cunha variación de +0.05 . Nos últimos 30 anos esta variación sitúase en +0.25 ºC por década. A anomalía máis baixa correspóndese aos anos 1972 e 1974 (-1.25 ºC), mentres que a anomalía máis elevada é a do ano 2023 (+1.29 ºC).
Na seguinte gráfica amósase a evolución da temperatura media en Galicia no periodo 1961-2023, expresada como diferenza respecto á media no periodo 1981-2010 (a liña corresponde á media móbil de 10 anos).

Precipitación
Na serie de datos avaliados (1961-2023) non se atopan variacións significativas nas precipitacións recollidas en Galicia. O ano 2007 é o que presenta a anomalía máis baixa, cunha porcentaxe un 34% inferior ó valor climático calculado no período de referencia 1981-2010. A anomalía máis alta acadouse no ano 1966, un 36% superior á media climática. No ano 2023 a porcentaxe foi un 21 % superior a este mesmo período climático de referencia.
A continuación amósase a evolución das precipitacións en Galicia durante o periodo 1961-2023. A precipitación amósase como anomalía estandarizada respecto ao periodo 1981-2010 (a liña é a media móbil de 10 anos).

Valoracións Finais
Indicador
CCLI-3 Evolución da temperatura media e precipitación
Obxectivo
Estudar a evolución da temperatura media anual de Galicia, así como da precipitación anual recollida, como evidencias dos impactos do cambio climático na Comunidade.
Tendencia
TEMPERATURA:
Na serie de datos avaliados (1961-2023) atópase unha tendencia á alza nas temperaturas medias de Galicia que se pode cuantificar nun incremento de 0,22ºC por década desde o ano 1961 ao 2023.
PRECIPITACIÓN:
Na serie de datos avaliados (1961-2023) non se atopan variacións significativas nas precipitacións recollidas en Galicia.
- Mostrar Ficha
CCLI-3 - Evolución da temperatura media e precipitación.
Definición
Evolución do termo medio da temperatura anual e a precipitación acumulada anual nun grupo representativo de series climatolóxicas galegas. As series proceden da rede da Axencia Estatal de Meteoroloxía - AEMET e da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Área temática / Tema / Sector
Cambio Climático.
Relevancia ambiental
Evidencia a existencia de modificacións na temperatura en Galicia por causa do cambio climático. Na precipitación non se observan tendencias significativas no período estudado.
Periodicidade
Anual
Series temporais
1961-2023
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
Series representativas da variabilidade climática, longas (mínimo 30 anos de datos), cunha porcentaxe moi pequena de datos perdidos, susceptibles de interpolación e datos de recoñecida calidade.
Metodoloxía para o cálculo do indicador
Regresión lineal dos valores de temperatura e precipitación sobre o tempo en anos.
Unidade de medida
ºC (temperatura) e mm (precipitación). As anomalías de temperatura exprésanse en ºC; as anomalías estandarizadas de precipitación exprésanse en porcentaxe.
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
Valor de referencia climático: 1981-2010
Claves para a interpretación
Admítese que existe unha tendencia cando a regresión lineal é significativa. En cada gráfico amósanse os valores anuais e media móbil de 10 anos para apreciar os cambios nas tendencias ao longo do período.
Tipoloxía
De estado
Data de actualización dos datos
Maio 2024
Observacións
A tendencia amosada no caso da temperatura é altamente significativa (P<0.001). No caso da precipitación non se observa ningunha tendencia evidente.
