CCLI-2 Emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro

O sector difuso agrupa as emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes dos sectores e instalacións non sometidas ao réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro expostos no indicador CCLI-1 (sector directiva):

  • Transporte.
  • Agricultura.
  • Residencial/institucional.
  • Tratamento e eliminación de residuos.
  • Industria non sometida ao comercio de dereitos de emisión.

O sector difuso supuxo no 2022 o 69,3% das emisións de G.E.I. de Galicia, cun total de 13,5 millóns de toneladas de CO2eq emitidas, o cal representa un aumento do 1,3% respecto do ano anterior. Este dato, non obstante, non é directamente comparable cos dos anos anteriores ao 2013, debido a que o ámbito de aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión modificouse a partir do 1 de xaneiro de 2013. Isto propiciou o paso ao sector directiva de sectores como a fabricación de aluminio ou as ferroaliaxes, mentres que as emisións da maior parte do sector cerámico, que ata o 2013 atopábase dentro do comercio de dereitos de emisión, contabilízanse agora no sector difuso.

Emisións non reguladas polo comercio de dereitos de emisión - sector difuso. Período 2005-2012 

CCLI-2  Emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro1.

Fonte: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a partir de distintas fontes.

Nota: Calculado como (Emisións GEI en Galicia - Emisións directiva).

Emisións non reguladas polo comercio de dereitos de emisión - sector difuso. Período 2013-2022 

CCLI-2  Emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro2.

Fonte: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a partir de distintas fontes.

Nota: Calculado como (Emisións GEI en Galicia - Emisións directiva).

As emisións difusas de gases de efecto invernadoiro per cápita sitúanse en 2022 en 5,01 toneladas de CO2 equivalente por habitante, o cal representa un aumento do 1,5% respecto do ano 2021. Como se explicou anteriormente, o profundo cambio experimentado no réxime de comercio de dereitos de emisión imposibilita facer unha análise axeitada da evolución das emisións dende o ano 2005.

Emisións do sector difuso per cápita. Período 2005 -2012 

CCLI-2  Emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro3.

Fonte: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a partir de distintas fontes.

Nota: Calculado como (Emisións GEI en Galicia - Emisións directiva)/poboación de Galicia

Emisións do sector difuso per cápita. Período 2013-2022 

CCLI-2  Emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro4.

Fonte: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a partir de distintas fontes.

Valoracións Finais

Indicador

CCLI-2 Emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro.

Obxectivo

Reducir as emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro.

Tendencia

As emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro en 2022 sitúanse en 5,01 toneladas de CO2 equivalente por habitante, isto é, aumentaron un 1,5% respecto do ano 2021.

Mostrar Ficha

CCLI-2 - Emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro.

Definición

Emisións difusas de gases de efecto invernadoiro (G.E.I.) expresadas como toneladas de CO2 equivalente por habitante.

Área temática / Tema / Sector

Cambio Climático.

Relevancia ambiental

A concentración de Gases de Efecto Invernadoiro na atmosfera captan a radiación infravermella emitida dende a superficie da terra e impide a súa saída ao espazo, elevando a temperatura das capas da atmosfera máis próximas á superficie e provocando, entre outros efectos, o aumento da temperatura media do planeta.

Periodicidade

Anual

Series temporais

2005-2022

Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador

No marco dos compromisos adquiridos pola Unión Europea en materia de cambio climático, o chamado Regulamento de reparto de esforzos (1) establece a contribución mínima de cada Estado Membro ao cumprimento dos compromisos da UE de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro para o período 2021-2030 no que respecta ás emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes das actividades non sometidas ao réxime de comercio de dereitos de emisión (comunmente denominado sector difuso). En virtude do anterior, España debe reducir as súas emisións difusas de gases de efecto invernadoiro en 2030 nun 37,7% respecto dos niveis de 2005. (1) Regulamento (UE) 2023/857 do Parlamento Europeo e do Consello do 19 de abril de 2023 polo que se modifica o Regulamento (UE) 2018/842 sobre reducións anuais vinculantes das emisións de gases de efecto invernadoiro por parte dos Estados membros entre 2021 e 2030 que contribúan á acción polo clima, con obxecto de cumprir os compromisos contraídos no marco do Acordo de París e o Regulamento (UE) 2018/1999.

Metodoloxía para o cálculo do indicador

 

Emisións difusas per cápita = (emisións totais-emisións sector directiva)/(número habitantes).

Unidade de medida

Toneladas de CO2 equivalente/habitante

Mostra as tendencias no tempo

Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais

Rebaixar ás emisións difusas per cápita de gases de efecto invernadoiro en Galicia.

Claves para a interpretación

Combinación ponderada dos gases incluídos na Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático e o Acordo de París.

Tipoloxía

Indicador de presión

Data de actualización dos datos

Xuño 2024