AU-2 Calidade das augas de baño

O indicador "Calidade das augas de baño" establécese a partir da clasificación sanitaria das zonas de baño de Galicia.

En Galicia, no censo oficial de augas de baño para a tempada 2023, existen un total de 498 zonas de baño considerando tanto as zonas de baño marítimas como as continentais, con 515 puntos de mostraxe que se atopan en 117 concellos.

Número de zonas de baño e puntos de mostraxe para o seu control sanitario no ano 2023 en Galicia Zonas de baño marítimas

ProvinciasNº zonasNº puntos mostraxe
A Coruña204214
Lugo4445
Ourense00
Pontevedra183188
Galicia431447

Zonas de baño continentais

ProvinciasNº zonasNº puntos mostraxe
A Coruña910
Lugo1515
Ourense2222
Pontevedra2121
Galicia6768

Fonte: Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Debido a un cambio na forma de calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño a partir do ano 2011, e non ser comparables os datos, amósase de forma separada a evolución en dúas series temporais (tanto nas zonas de baño marítimas como continentais).

Zonas de baño marítimas

Na seguinte gráfica móstrase a porcentaxe de puntos de mostraxe, segundo categoría, para as augas de baño marítimas, no período 2006-2010:

Calidade das augas de baño marítimas 2006-2010. Porcentaxe de puntos de mostraxe segundo categoría 

AU-2 Calidade das augas de baño1

Fonte: Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade

Na seguinte gráfica pódese observar un aumento paulatino dos puntos de mostraxe con calidade das augas Excelente, acadando no 2023 o 95,3% dos puntos de mostraxe esta calidade.

Calidade das augas de baño marítimas 2011-2023. Porcentaxe de puntos de mostraxe segundo categoría 

AU-2 Calidade das augas de baño2

Fonte: Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Como se pode observar, a calidade das augas de baño marítimas é Excelente nunha porcentaxe moi alta para todas as provincias costeiras galegas.

Clasificación sanitaria das zonas de baño no medio mariño, agrupadas por provincias - 2023 

AU-2 Calidade das augas de baño3

Fonte: Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Zonas de baño continentais

Na seguinte gráfica amósase a porcentaxe de puntos de mostraxe, segundo categoría, para as augas de baño continentais, no período 2006-2010:

Calidade das augas de baño continentais, 2006-2010. Porcentaxe de puntos de mostraxe segundo categoría. 

AU-2 Calidade das augas de baño4

Fonte: Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade

No ano 2023, o 69,1% dos puntos de mostraxe obtiveron a clasificación sanitaria Excelente.

Calidade das augas de baño continentais 2011-2023. Porcentaxe de puntos de mostraxe segundo categoría. 

AU-2 Calidade das augas de baño5

Fonte: Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

A provincia de Ourense é a que acada máis zonas de baño en medio continental de Calidade Excelente (77,3%).

Clasificación sanitaria das zonas de baño no medio continental agrupadas por provincias - 2023 

AU-2 Calidade das augas de baño6

Fonte: Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Valoracións Finais

Indicador

AU-2 Calidade das augas de baño.

Obxectivo

Minimizar o risco de contraer enfermidades ao bañarse nas augas marítimas ou continentais.

Tendencia

Na tempada 2023, no 91,8% dos puntos de mostraxe controlados nas zonas de baño, obtívose a clasificación sanitaria Excelente.

Diferenciando as zonas de baño, acadaron a clasificación sanitaria Excelente o 95,3% dos puntos de mostraxe nas augas de baño marítimas e o 69,1% nas augas de baño continentais.

Mostrar Ficha

AU-2 - Calidade das augas de baño.

Definición

Porcentaxe de puntos de mostraxe clasificados segundo a calidade sanitaria da auga de baño.

Área temática / Tema / Sector

Auga.

Relevancia ambiental

A política comunitaria sobre medio ambiente persegue un alto nivel de protección e contribúe a alcanzar os obxectivos de preservar, protexer e mellorar a calidade do ambiente e protexer a saúde humana. Un entorno ambiental sustentable é, tamén, un entorno saudable. Por iso, unha parte importante ten como obxectivo protexer ao público de calquera contaminación accidental e crónica vertida nas zonas de baño e nas súas inmediacións.

Periodicidade

Anual

Series temporais

2006-2023

Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador

Directiva 2006/7/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de febreiro de 2006, relativa á xestión da calidade das augas de baño e pola que se derroga a Directiva 76/160/CEE e Real decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño.

Metodoloxía para o cálculo do indicador

 

Directamente calculado pola fonte (Consellería de Sanidade). No ano 2011 cambiou a metodoloxía de cálculo da clasificación sanitaria das zonas de baño e faise segundo a metodoloxía da Directiva 2006/7/CE.

Unidade de medida

Adimensional, expresada en %.

Mostra as tendencias no tempo

Data de actualización dos datos

Xaneiro 2024

Observacións

A Directiva 2006/7/CE establece un novo sistema de cálculo que ten en conta os datos dos controis das catro últimas tempadas. A primeira tempada da que se dispón de datos de catro tempadas é no 2011.

O sistema de cálculo consiste na avaliación do percentil da función normal de densidade de probabilidade (log10) dos datos microbiolóxicos obtidos nunhas augas de baño determinadas. Dedúcese o valor do percentil da seguinte maneira:
i) tómase o valor log10 de todas as enumeracións bacterianas da secuencia de datos avaliada,
ii) calcúlase a media aritmética dos valores log10 (µ),
iii) calcúlase a desviación típica dos valores log10 (σ).
O punto superior do percentil 90 da función de densidade de probabilidade dos datos se deduce da seguinte ecuación: punto superior do percentil 90 = antilog (µ + 1,282 σ).
O punto superior do percentil 95 da función de densidade de probabilidade dos datos se deduce da seguinte ecuación: punto superior do percentil 95 = antilog (µ + 1,65 σ).

Unha vez calculados os percentís 90 e 95, establécese a calidade excelente, boa, suficiente e insuficiente segundo os valores que se indican na seguinte táboa.

Criterios para o cálculo da clasificación das zonas de baño segundo a Directiva 2006/7/CE
ParámetroClasificación, augas marítimasClasificación, augas continentais
ExcelenteBoaSuficienteExcelenteBoaSuficiente
Enterococos intestinais100 (*)200 (*)185 (**)200 (*)400 (*)330 (**)
Escherichia coli250 (*)500 (*)500 (**)500 (*)1000 (*)900 (**)

(*) De acordo coa avaliación do percentil 95.
(**) De acordo coa variación do percentil 90.