AU-1 Consumo de auga en Galicia

Durante o ano 2022, o volume de auga dispoñible en Galicia foi de 382 hm3, un 52,9% mais que no ano 2020. Nas redes públicas de abastecemento urbano de Galicia distribuíronse 171 hm3 de auga, o que supón un 3,7% menos que no 2020.

Na seguinte gráfica amósase a evolución do volume de auga dispoñible e distribuída (consumida) (en hm3) en Galicia no período 2007-2022.

Auga dispoñible e consumida 

AU-1 Consumo de auga en Galicia1.

Fonte: Elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a partir de datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)

O consumo medio de auga per cápita nos Fogares galegos, foi de 128 litros/habitante/día no 2022, é dicir, un 1,6% menos que no 2020 e un 3,8% por debaixo do consumo medio en España, que foi de 133 litros/habitante/día.

O consumo medio de auga destinada para Outros usos (sectores económicos, consumos municipais e outros) foi de 46,5 litros/habitante/día, un 7,6% menos respecto ao ano 2020.

A evolución no consumo de auga na serie 2007-2022, revela unha tendencia á baixa dun 9,1% no consumo dos Fogares e dun 34,1% no consumo de Outros usos.

Consumo medio de auga segundo usuarios (litros/habitante/día)

Usuarios20202022Porcentaxe variación bienalPorcentaxe variación serie 2007-2022
Fogares130,1128-1,6-9,1
Outros usos50,346,5-7,6-34,1

Fonte: Elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a partir de datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) Evolución do consumo medio de auga per cápita, por sectores doméstico e outros usos. Periodo 2007-2022 

AU-1 Consumo de auga en Galicia2.

Fonte: Elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a partir de datos do INE

Por usuario, temos que o 73,3% do volume total da auga rexistrada e distribuída (auga consumida) no 2022 foi para os fogares galegos, mentres que o 26,7% restante dedicouse para Outros usos (sectores económicos- 25,2%; consumos municipais e outros- 1,4%).

Os consumos municipais sufriron un descenso, respecto ao 2020, dun 74,6% ao pasar dun consumo de 9,5 hm3 a 2,4 hm3.

Na seguinte gráfica pódense observar os volumes de auga rexistrados e distribuídos aos distintos grupos de usuarios representados como porcentaxes.

Porcentaxe de volume de auga rexistrada e distribuída aos usuarios, 2022 

AU-1 Consumo de auga en Galicia.

Fonte: Elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a partir de datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)

Valoracións Finais

Indicador

AU-1 Consumo de auga en Galicia.

Obxectivo

Racionalizar o consumo de auga.

Tendencia

O consumo total de auga para o período 2007-2022 presenta unha tendencia á baixa.

Mostrar Ficha

AU-1 - Consumo de auga en Galicia.

Definición

Cantidade de auga consumida.

Área temática / Tema / Sector

Auga.

Relevancia ambiental

O abastecemento de auga é un dos servizos básicos para un harmonizado desenvolvemento demográfico, social e económico dunha sociedade e a súa prestación ten carácter obrigatorio por parte das Administracións Públicas.

Periodicidade

Bienal

Series temporais

2007-2022

Metodoloxía para o cálculo do indicador

 

Directamente calculado pola fonte (INE).

Unidade de medida

hm3; litros por habitante e día

Mostra as tendencias no tempo

Data de actualización dos datos

Novembro 2024

Observacións

O indicador "consumo de auga en Galicia" establécese a partir do volume de auga distribuída para abastecemento público, desagregado nas necesidades diarias de consumo persoal (consumo doméstico), no mantemento das infraestruturas urbanas (consumos municipais e colectivos) e sectores económicos (industrias extractivas e manufactureiras, exclúese aquí outros sectores industriais e a agricultura). O consumo de auga per cápita diario amosa o gasto de auga para consumo doméstico e outros usos que emprega cada habitante por unidade de tempo, e mídese en litros de auga/habitante/día.

Fonte dos datos: Instituto Nacional de Estatística (INE):
- Estadística sobre o subministro e saneamento da auga. Ano 2020 - Volumen de auga subministrada á rede por comunidades e cidades autónomas - Volume de auga dispoñible (potabilizada e non potabilizada) por comunidades e cidades autónomas - Distribución da auga rexistrada por comunidades e cidades autónomas e grandes grupos de usuarios.
- Indicadores sobre a auga - Indicadores sobre o subministro de auga por comunidades e cidades autónomas. Serie 2007-2022 (poboación a 1 de xaneiro de cada ano, segundo as estimacións da poboación actual).

A partir do 2014 a enquisa ten unha periodicidade bienal.