Para estudar a evolución da calidade do aire no ambiente de contornos rurais emprégase un indicador calculado a partir dos Índices de Calidade do Aire (ICA) das estacións situadas fóra das grandes cidades de Galicia.
Os parámetros empregados para o cálculo do ICA son os seguintes: Dióxido de xofre (SO2), Dióxido de nitróxeno (NO2), Partículas en suspensión menores de 10 micrómetros (PM10), Partículas en suspensión menores de 2,5 micrómetros (PM2,5) e Ozono (O3).
Na seguinte figura reflíctense os días de ICA obtidos durante 2023 nas estacións rurais seleccionadas para facer o seguimento da situación, fronte aos valores de referencia establecidos na lexislación vixente para a protección da saúde humana:
Calidade do Aire Rural - 2023
Fonte: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
*Houbo días sen datos debidos a unha perda de datos por avaría, mantemento ou erro nas comunicacións durante o ano.
A maioría dos valores de Calidade do Aire rexistrados no rural correspóndense coa cualificación de ICA Boa ou Favorable, superando ambos ICAs en máis de 300 días en todas as estacións, agás Sabón- Embalse e Sur.
Os días de calidade Mala foron debidos, na gran parte dos días, ás partículas menores de 10 micrómetros (PM10) e menores de 2,5 micrómetros (PM2,5) que foron aportadas polos episodios de intrusión de masas de aire sahariano do mes de febreiro e as obras das vías ferroviarias preto da estación Sur.
Destacar os días sen datos, especialmente na estación Sabón-Embalse, por fallos nos sistemas de adquisición.
| Estación / ICA | Boa | Favorable | Regular | Mala | Moi mala | Pésima |
| Areeiro | 305 | 53 | 5 | 2 | 0 | 0 |
| Buscás | 19 | 337 | 9 | 0 | 0 | 0 |
| Campelo | 16 | 328 | 17 | 0 | 0 | 0 |
| Cee | 188 | 168 | 5 | 3 | 0 | 0 |
| Centro cívico | 53 | 293 | 16 | 2 | 1 | 0 |
| Dumbría | 279 | 82 | 2 | 2 | 0 | 0 |
| Escola de Música | 284 | 63 | 5 | 3 | 0 | 0 |
| Est-Ou | 225 | 126 | 4 | 0 | 0 | 0 |
| Fraga Redonda | 7 | 306 | 46 | 2 | 0 | 0 |
| Lalín | 11 | 314 | 30 | 0 | 0 | 0 |
| Laza | 37 | 312 | 14 | 0 | 0 | 0 |
| Louseiras | 6 | 321 | 34 | 2 | 0 | 0 |
| Maciñeira | 359 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| Magdalena | 30 | 316 | 9 | 0 | 0 | 0 |
| Marraxón | 357 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| Mourence | 33 | 312 | 19 | 0 | 0 | 0 |
| Paiosaco | 84 | 276 | 3 | 0 | 0 | 0 |
| Parque da Cega | 183 | 157 | 18 | 6 | 1 | 0 |
| Pastoriza | 201 | 153 | 11 | 0 | 0 | 0 |
| Ponteareas | 157 | 200 | 1 | 0 | 0 | 0 |
| Río Cobo | 282 | 80 | 3 | 0 | 0 | 0 |
| Rodís | 364 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| Sabón-Embalse | 153 | 144 | 24 | 6 | 0 | 0 |
| Sur | 30 | 259 | 42 | 33 | 0 | 0 |
| Teixeiro | 296 | 62 | 6 | 1 | 0 | 0 |
| Xinzo de Limia | 25 | 315 | 13 | 9 | 1 | 0 |
| Xove | 19 | 334 | 6 | 2 | 0 | 0 |
| Xubia | 271 | 86 | 2 | 3 | 0 | 0 |
Fonte: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Cimático. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Valoracións Finais
Indicador
AI-2 Calidade do aire rural.
Obxectivo
Informar sobre o estado da calidade do aire en cada unha das estacións distribuidas por todo o territorio galego e fóra das grandes cidades, sobre a base dunha escala de cores de fácil identificación para a cidadanía.
Tendencia
No 2023, por termo medio, a calidade do aire do rural galego foi boa
- Mostrar Ficha
AI-2 - Calidade do aire rural.
Definición
Indicador global calculado a partir dos niveis de dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, ozono, partículas menores a 10 micrómetros e partículas menores a 2,5 micrómetros (Índice de Calidade do Aire, ICA) das estacións situadas en contornos rurais fóra das grandes cidades.
Área temática / Tema / Sector
Calidade do aire / Saúde.
Relevancia ambiental
Indicador de presión sobre a saúde humana.
Periodicidade
Anual
Series temporais
Ano 2023
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
R.D. 102/2011, do 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire.
Metodoloxía para o cálculo do indicador
O ICA calcúlase cos datos en tempo real emitidos por todas as estacións da Rede de Calidade do Aire de Galicia, xa sexan de titularidade pública ou privada. O ICA amosa a situación nas estacións para as que dispoñemos de datos de acordo o seguinte promedio temporal:
- Para NO2 , O3 e SO2 empréganse concentracións horarias.
- Para PM10 e PM2,5 empréganse as medias móbiles das derradeiras 24 horas.
No caso de que unha estación non dispoña de datos para algún dos contaminantes, o índice calcúlase cos datos dos restantes contaminantes. Non se empregan no seu lugar datos obtidos mediante modelización.
O resultado do ICA vén dado sempre pola situación máis desfavorable na que se atope cada un dos contaminantes respecto aos seus intervalos de concentración (en µg/m3) definidos na seguinte táboa:

Unidade de medida
Non dimensional
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
Non superar os obxectivos a curto prazo establecidos para a calidade do aire.
Tipoloxía
Presión
Data de actualización dos datos
Xuño 2024
Observacións
O ICA (índice de calidade do aire) consiste en representar a calidade do aire mediante un código de cores. O ICA informa sobre o estado da calidade do aire en cada unha das estacións distribuídas por todo o territorio galego, sobre a base dunha escala de cores de fácil identificación para a cidadanía. A definición desta escala de cores vén dada polo intervalo de concentración dos contaminantes no aire ambiente (expresada en µg/m3), de xeito que poidamos coñecer o seu estado sen dispoñer de coñecementos previos sobre o tema.
