AI-1 Calidade do aire para a protección da vexetación

Para poder analizar o estado da Calidade do Aire de fondo no que atinxe á protección da vexetación e ecosistemas, reflíctense a continuación os resultados obtidos na estación EMEP de Galicia (O Saviñao - Lugo), para os valores medios anuais de Dióxido de Xofre (SO2) e Óxidos de Nitróxeno (NOx), e o estatístico AOT40 de Ozono (O3), por ser os niveis de referencia establecidos na lexislación vixente, o RD 102/2011, do 28 de xaneiro, relativo a mellora da calidade do aire, con ese obxectivo.

Os valores límite e obxectivo fixados na lexislación para os contaminantes sinalados expóñense na seguinte táboa:

ContaminantesEstatísticoValor Límite
SO2 (Nivel crítico)Media anual20 µg/m3
NOx (Nivel crítico)Media anual30 µg/m3
O3 (Valor obxectivo protección da vexetación)AOT40, calculado a partir de valores horarios de maio a xullo18000 (µg/m3).h de termo medio nun periodo de 5 anos
O3 (Obxectivo longo prazo para protección da vexetación)AOT40, calculado a partir de valores horarios de maio a xullo6000 (µg/m3).h (Data de cumprimento non definida)

Nivel crítico: nivel fixado conforme a coñecementos científicos por enriba do cal poden producirse efectos nocivos para algúns receptores como as plantas, árbores, os ecosistemas naturais, pero non para o home.

Valor obxectivo: nivel dun contaminante que deberá alcanzarse, na medida do posible nun momento determinado para evitar, previr ou reducir os efectos nocivos para algúns receptores como as plantas, árbores ou ecosistemas naturais, pero non para o home.

Obxectivo a longo prazo: nivel dun contaminante que deberá acadarse a longo prazo, salvo cando non sexa posible co uso de medidas proporcionadas, co obxectivo de protexer eficazmente a saúde humana, o medio ambiente no seu conxunto e demais bens da natureza.

O valor AOT 40, acrónimo de "Accumulated Ozone exposure over threshold of 40 Parts per Billion", exprésase en (ug/m3).h, e é a suma das diferenzas entre as concentracións horarias superiores aos 80 ug/m3 (=40 mmol/mol ou 40 partes por mil millóns en volume) e 80 ug/m3 ao longo dun período dado utilizando unicamente os valores horarios medidos entre as 8:00 e as 20:00 horas, HEC, cada día (ou a correspondente para as rexións ultraperiféricas). A primeira data de cumprimento fixouse o 1 de xaneiro de 2019 para un periodo quinquenal do 2019 ao 2023.

Resultados

A primeira gráfica presenta as concentracións medias anuais de dióxido de xofre (SO2) e óxidos de nitróxeno (NOx) para o período 2019 - 2023, mentres que a seguinte representa os valores de AOT40 dende o 2019 ata o ano 2023 (calculado a partir de medias quinquenais) no caso do ozono troposférico (O3).

Como se pode observar, os resultados das medicións amosan que as concentracións dos contaminantes en aire ambiente están moi lonxe dos límites legais fixados na lexislación vixente.

Valoracións Finais

Indicador

AI-1 Calidade do aire para a protección da vexetación

Obxectivo

Non superar os valores límite e valores obxectivo marcados na lexislación na estación de fondo (EMEP).

Tendencia

Tanto as concentracións de dióxido de xofre como de óxidos de nitróxeno en aire ambiente están moi lonxe dos valores límite aplicables para a protección da vexetación e dos ecosistemas.

En canto ao ozono, o valor medio acumulado do estatístico AOT40 sitúase moi afastado do valor obxectivo para a protección da vexetación, marcado en 18000 (ug/m3).h (media dun período de 5 anos).

Mostrar Ficha

AI-1 Calidade do aire para a protección da vexetación

Definición

Concentracións medias anuais de SO2 e NOx medidas nas estacións da Rede EMEP/CAMP en Galicia (O Saviñao - Lugo) referidas, exclusivamente, á protección dos ecosistemas e da vexetación.
Media en cinco anos da AOT40 de ozono obtida das medicións horarias automáticas na estación da Rede EMEP/CAMP en Galicia.

Área temática / Tema / Sector

Calidade do aire / Vexetación

Relevancia ambiental

Indicador de presión sobre a vexetación.

Periodicidade

Anual

Series temporais

2019-2023

Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador

RD 102/2011, do 28 de xaneiro, relativo á mellora da Calidade do Aire.

Metodoloxía para o cálculo do indicador

 

Concentracións medias anuais de SO2 e NOx medidas automaticamente na estación da Rede EMEP/CAMP (O Saviñao). 
Media en cinco anos do AOT40 obtida das medicións automáticas da concentración horaria de ozono na estación da Rede EMEP/CAMP .

Unidade de medida

µg/m3 (SO2; NOx) e (µg/m3) h (Ozono).

Mostra as tendencias no tempo

Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais

Non superar os valores establecidos na normativa para garantir a protección da vexetación.

Tipoloxía

Indicador de presión

Data de actualización dos datos

Xuño 2024

Observacións

- Rede EMEP/CAMP: Rede española de fondo que está integrada no programa concertado de vixilancia continua e avaliación da transmisión a grande distancia dos contaminantes atmosféricos en Europa (EMEP) / Control automático monitorizado de contaminantes.

- AOT40: suma da diferenza entre as concentracións horarias superiores aos 80 µg/m3 (= 40 partes por mil millóns) e 80 µg/m3 ao longo dun período dado (que, para o caso da protección á vexetación son os meses de maio, xuño e xullo), utilizando unicamente valores horarios medidos entre as 8.00 e as 20.00 horas, hora central europea, cada día. Este estatístico proporciona, por tanto, unha medida dos niveis prexudiciais de exposición aos que está sometida a vexetación nos meses do ano, e horas do día, nos que existe unha maior radiación solar e unha maior sensibilización das plantas.

- SO2: dióxido de xofre.
- NOx: óxidos de nitróxeno.
- µg: microgramo (millonésima parte dun gramo).
- ppb: partes por billón.