AGR-1 Agricultura Ecolóxica

Este indicador reflicte a evolución da superficie, expresada en hectáreas (ha), destinada á produción ecolóxica en Galicia, entendendo como tal, aqueles sistemas de produción, transformación e comercialización de alimentos certificados (non se consideran as producións ecolóxicas non certificadas, que se moven no ámbito da produción agraria xeral).

A evolución da superficie dedicada á produción ecolóxica certificada en Galicia revela a importancia que van tomando os sistemas de produción respectuosos co medio ambiente no agro galego.

Tras un estancamento durante os anos 2011-2014 obsérvase un claro aumento nos seguintes anos, de maneira que a produción ecolóxica do ano 2023 representa un 200% máis ca do ano 2014.

No 2023 a superficie inscrita en agricultura ecolóxica en Galicia acadou un total de 46.967 Ha cultivadas, o que supón un incremento dun 3% respecto do ano 2022.

Evolución da superficie dedicada a agricultura ecolóxica en Galicia

AGR-1 Agricultura Ecolóxica

Fonte: Memoria anual do ano 2023 do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia.

Con respecto ao 2022, obsérvase un forte incremento da superficie dedicada a agricultura ecolóxica na provincia de Ourense,mentres que nas outras provincias descende, especialmente na provincia de Pontevedra.

Superficie dedicada a agricultura ecolóxica por provincias e a súa variación no periodo 2022-2023

ProvinciasHa 2022Ha 2023% Variación
A Coruña5.050,374.948,91-2
Lugo23.385,7122.708,68-2,9
Ourense14.320,6717.270,7820
Pontevedra2.8702.038,64-29

Valoracións Finais

Indicador

AGR-1 Agricultura Ecolóxica

Obxectivo

Aumentar a superficie dedicada a agricultura ecolóxica.

Tendencia

No 2023 están inscritas en Galicia un total de 46.967 hectáreas dedicadas a agricultura ecolóxica, o que supón un aumento do 3% respecto ao ano 2022. 

Nunha década a superficie medrou moito e pasou de 15.671 ha no ano 2013 a 46.967 ha no 2023, o que supón un crecemento do 200%. As provincias interiores, Ourense e Lugo, acaparan o 85% do total da superficie inscrita en agricultura ecolóxica en Galicia.

Mostrar Ficha

AGR-1 Agricultura Ecolóxica

Definición

Este indicador reflicte a evolución da produción ecolóxica galega, expresada en hectáreas, entendendo como tal aqueles sistemas de produción, transformación e comercialización de alimentos certificados como tales ou aquelas unidades produtivas en conversión. Nesta valoración non se consideran as producións ecolóxicas non certificadas, que se moven no ámbito da produción agraria xeral.

Área temática / Tema / Sector

Agricultura/ producción ecolóxica

Relevancia ambiental

O seu desenvolvemento incide favorablemente no medio ambiente (solo, auga, biodiversidade) pola aplicación de principios ecolóxicos nos cultivos. Preténdese acadar unha maior protección ao medio ambiente con repercusión na protección da saúde humana.

Periodicidade

Anual

Series temporais

1999-2023

Metodoloxía para o cálculo do indicador

Tratamento de datos estatísticos.

Unidade de medida

Hectáreas

Mostra as tendencias no tempo

Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais

Aumentar a produción comercial. Fomentar unha produción ecolóxica sustentable. Actuación focalizada, concentrada e participada.

Claves para a interpretación

Se entenderá que o desenvolvemento que hai que por en marcha deberá dar lugar a formas de produción, transformación e comercialización que se poidan manter indefinidamente no tempo, de xeito dinámico. Noutras palabras, que a produción ecolóxica que se fomente poida ser unha realidade ecolóxica, económica e social.

Tipoloxía

Presión/Resposta.

Data de actualización dos datos

Maio 2024

Observacións

-Orde do 7 de maio de 1997 pola que se regula a produción agrícola ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (DOG do 16/05/1997).

Para máis información: http://www.craega.es/index.php