Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

XXII Día Nacional das Vías Verdes

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Fundación de los Ferrocarriles Españoles (FFE)
Ámbito
Estatal
Contenido

Convoca a xestores e promotores de Vías Verdes a organizar actividades no marco do XXII Día Nacional das Vías Verdes, actividade xa clásica da Fundación e que este ano cumpre a súa 22ª edición.
Como todos os anos, en torno ao segundo domingo de maio (08/05), celebrarase a gran festa das Vías Verdes, aínda que as celebracións pódense organizar durante todo o mes convertendo a maio no mes das Vías Verdes.
A FFE colaborará coas entidades xestoras e promotoras das vías verdes para coordinar, promocionar e difundir as actividades que se organicen con este motivo, a través da nosa páxina web www.viasverdes.com e dos nosos perfís en Facebook, Twitter e Instagram. Utilizarase en todas as comunicacións o hashtag #DNVíasVerdes2022, animámosvos a que o usedes, fagamos desta festa "trending toppic".