Límite o 25 de maio
A Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto dos Alcaldes organiza novos webinars sobre a elaboración do PACES, que se celebrarán os días 26 de maio, e 2 e 9 de xuño. Os webinars serán impartidos pola Oficina Técnica para o Pacto dos Alcaldes que adaptará os contidos da formación ás características de cada Concello, organizando grupos reducidos para que as accións resulten prácticas e áxiles e poder así solventar dúbidas individualmente.
Con ese fin, ofrecécese un novo ciclo de webinars para un máximo de 20 asistentes, cun espacio temporal entre cada acción formativa para que os Concellos podan avanzar nos seus traballos.
O programa formativo constará de tres webinars:
-Inventario de emisión de referencia (IER): Introdución de datos + Ferramentas de estimación de consumos.
-Como realizar a Análise de Riscos e Vulnerabilidades.
-Medidas de mitigación: Introdución práctica e cálculo de redución de emisións.
