-Identificar a xeodiversidade e o patrimonio xeolóxico do territorio e axudar a enfocar a súa conservación, xestión e divulgación, así como o seu uso didáctico e recreativo sostible.
-Identificar as claves para a correcta xestión de estes elementos que, en ocasións, garda unha estreita relación coa biodiversidade, co patrimonio histórico-artístico, coas tradicións, crenzas e folclore dalgúns lugares e, incluso, pode ter unha importante significación relixiosa ou ser un signo de identidade local.
-Adquirir coñecementos sobre a evolución e funcionamento do noso Planeta. Trátase da “memoria da terra”, un rexistro único dos acontecementos que teñen e tiveron lugar ao longo da historia da Terra, os cales quedaron rexistrados, entre outros, nas nosas rochas, paisaxes ou solos, e condicionan o noso día a día.
Contenido
