Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Xornadas internacionais Paisaxes litorais consilientes

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
Fundación Juana de Vega
Ámbito
Galicia
Contenido

As xornadas internacionais "Paisaxes litorais consilientes" están centradas no desenvolvemento sostible dos bordes litorais dende a perspectiva da paisaxe, o capital natural e a infraestrutura verde, tomando como caso de estudo a cidade da Coruña.

A combinación de coloquios con relatores expertos nas distintas materias, a presentación de casos prácticos a escala nacional e internacional, as visitas de campo e os talleres prácticos pretenden difundir coñecemento, fomentar a participación activa, aportar solucións innovadoras e asegurar a integración paisaxística e ecolóxica no deseño urbano. O obxectivo principal será enriquecer o debate e facilitar a toma de decisións consensuadas e aliñadas coas directrices da Lei da Restauración da Natureza en Europa, a Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e as de menor escala, promovendo a resiliencia do sistema terra-mar e a súa convivencia coa identidade cultural da cidade.