Data límite o 26 de maio.
Unhas xornadas on line para analizar o camiño polo que evolucionará o urbanismo en Galicia.
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística quere abrir un espazo de debate e de reflexión, a través da intervención de recoñecidos expertos no ámbito urbanístico, sobre o futuro da planificación urbanística e do papel das cidades.
Estas catro mesas redondas on line queren plantexar ferramentas coas que procurar cidades de proximidade, cidades humanas e habitables, nas que se aproveiten as ferramentas e a tecnoloxía da era actual sen perder a perspectiva da escala humana, espazos dos que os seus habitantes sentan parte integrante fundamental porque tomen conciencia da posibilidade de participar no deseño da cidade na que queren vivir, son aspectos que poden contribuír decisivamente a cambiar a nosa sociedade e son algunhas das cuestións que se abordarán nestas xornadas, que vos convidamos a compartir.
