Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Xornada de voluntariado: Eliminación de invasoras no Tambre

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
ADEGA
Inscrición

Inscricións no correo electrónico pacobanhobre@adega.gal

Ámbito
Galicia
Contenido

ADEGA, no marco do Proxecto Fluviatilis, organiza unha nova xornada de voluntariado ambiental para a eliminación de especies exóticas invasoras no río Tambre. A actividade terá lugar ao seu paso polo concello de Ames o próximo mércores, 11 de decembro. En concreto, os traballos centraranse na retirada manual dos rebrotes de T. fluminensis e na valoración da técnica empregada, así como na retirada do sombreado.
Aproveitaremos para realizar unha revexetación con hedra na zona para que compita coa planta invasora.