Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT)
Ámbito
Galicia
Contenido
Xornada aberta de visita e voluntariado con produtores e produtoras da Rede de Custodia Agraria.
Durante a xornada poderemos coñecer de preto o traballo na gandaría de ovellas da Veiga de Luaces, co seu manexo sostible e respectuoso co territorio.
Ademais, realizaremos unha acción de voluntariado ambiental centrada na restauración dunha charca.
Para rematar, celebrarase unha degustación de produtos locais da Reserva da Biosfera Terras do Miño, un bo momento para compartir experiencias e coñecer proxectos de produción sostible do territorio.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo.
