Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Xornada de presentación de conclusións do Proxecto Sicle CO2

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Seminarios
Organizador
Dirección Xeral de Calidad Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Ámbito
Galicia
Contenido

O Proxecto ten como obxecto explorar as capacidades da colaboración público-privada para desenvolver solucións innovadoras que promovan unha compensación de emisións de proximidade, que axuden ademais de forma máis directa ao obxectivo de redución da pegada de carbono en Galicia.
Será executado mediante Compra Pública de Innovación (CPI) e terá un orzamento estimado de 5 millóns de euros, que poderá ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través da Liña de Fomento de Innovación desde a Demanda para a Compra Pública de Innovación (Liña FID-CPI) mediante do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN).
Antes de realizar esta compra pública, realizouse unha Consulta Preliminar ao Mercado, co obxecto de coñecer o nivel de madurez e o estado do da arte das solucións innovadoras que poderían ser incorporadas, e o próximo día 1 de decembro realizarase un evento online para presentar as conclusións extraídas desta consulta.