Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Xornada de eliminación de invasoras e limpeza da praia de Baldaio

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
ADEGA
Ámbito
Galicia
Contenido

Unha nova convocatoria do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte. Trátase dunha acción de eliminación de flora invasora do Complexo Húmido de Baldaio, no concello de Carballo.
Na actividade vaise eliminar flora exótica invasora que pode chegar a ser un perigo para as especies ameazadas do espazo natural. Será unha xornada de mañá e tarde, adicando a xornada matinal a recoñecer as invasoras e proceder á súa eliminación. Na sesión de tarde realizarase unha ruta polo Complexo Húmido de Baldaio para retirar lixo mariño así como descubrir os seus valores naturais e paisaxísticos.